O Apalpador representa a tradición máis senlleira da conca alta do Miño, na zona do Courel, e baixa a apalpar as barriguiñas dos nenos na noite do 21 de Nadal. No cole desfrutamos do seu bó facer todos xuntos en dúas sesións matinais; primeiro os máis pequenos e despois os maiores. Mágoa que estivera un pouco maliño...e que no inverno xa se sabe!. Aínda así conseguiu tirar por nós e facernos desfrutar coas súas cousiñas. Foi un intre verdadeiramente máxico. As fotos ao completo porémolas nos outros blogues. Aquí deixámosvos só un apuntiño.
Nós os adultos -e tódolos pobos, vilas e cidades de Galicia con nós- temos medrado con esta tradición que nalgúns momentos parece que vai ser engulida por outros personaxes de fóra. Dende aquí invitámosvos a manter acesa "a lús" dos Reis Magos e conserva-lo noso. Invitámosvos a manter a ilusión dos nenos ata o final das vacacións, ainda que teñan alguna cousiña antes para se entreter. Non lles vai facer ningún mal aprender a esperar.! E para xogar sobra o resto do ano!
Velahí algúns dos nosos cativos. As demais fotos tamén nos outros blogues.
Que sigan as tradicións! Noraboa!
ResponderEliminar