venres, 23 de decembro de 2016

TRADICIÓNS GALEGAS: O BELÉN

Como moitas cousas do Nadal as tradicións trascenden as connotacións relixiosas e téñense convertido nun elemento cultural presente en tódalas cidades e vilas de Galicia. Dende as institucións culturais invítannos a manter esta tradición nas rúas e tamén a visitar os belens tradicionais de distintos tipos que se espallan por toda a nosa xeografía.


O belen de Baltar en Ourense e o de Begonte na Terra Chá son dos máis tradicionais nas beiras do Miño.
Resultado de imaxes para belen de begonte 2016
Belén de Begonte (Lugo)

Resultado de imaxes para belen de baltar
Belén de Baltar (Ourense)

Nós no cole tamén quixemos facerlle un aceno ao noso PDI e  a profe Marga e mailos seus nenos compuxeron un belén situado na beira do mar, xustiño onde desemboca o Río Miño. Adiviñades de que lugar de Galicia estamos a falar?




1 comentario:

  1. Claro que sí! Un Belén na desembocadura do Miño... por que non? Xenial ;-)

    ResponderEliminar