luns, 27 de abril de 2015

METALMOUCHO E XUNIÑO E AS SÚAS LUMIIDEAS

Metalmoucho e Xuniño  xuntáronse no mes dos libros para informar ós pais e nais do cole das súas lumiideas. No Ano Internacional da Luz e co noso proxecto documental en marcha precisamos da axuda de todos para aprender todo o que poidamos. Mirade á carta que chegou ás nosas aulas e xa sabedes... animádevos a participar en tódalas iniciativas propostas polos mouchiños!.



OS DE SEXTO DESFRUTAN COA MALETA DE CIENCIAS

Empezan a chegarnos fotos dalguns cursos que visitaron a biblioteca para desfrutar coa maleta de ciencias. Sabemos de boa tinta que son moitos mais os que baixaron a ver que cousas curiosas agochaba no seu interior.

OLI VISITA O COLE NO DÍA DO LIBRO

O 23 de Abril, día do libro, recibimos na biblioteca a un escritor moi especial. "Oli" achegouse ao noso cole para compartir cos nenos e nenas de 1º e 2º unha lectura moi especial: a do conto "Leocadio o león" e tamén algunhas outras historias vellas e novas. Os protagonistas cóntanolo e amósannos as fotos que fixeron...

"Estes días andabamos moi atarefados lendo nas nosas aulas un libro titulado “Leocadio, o león”. A verdade é que estaba moi interesante xa que, pouquiño a pouco, fomos colléndolle cariño a ese leonciño que ía trazando a súa historia tan preto de nós. Despois de rematalo e, coincidindo co Día do Libro, recibimos un agasallo na biblioteca da escola que nos encheu de ilusión e emoción. Alí estaba Oli, o escritor do conto ao que lle adicamos tantos momentos na clase, compartindo connosco a súa traxectoria como escritor. Falounos de Leocadio e doutros moitos libros que tiña escritos, pero o máis emocionante foi cando nos ensinou o borrador da súa próxima historia que pronto estará nas librarías. Tamén nos relatou contos marabillosos e amosounos moitos tesouros que traía agochados no seu maletín. Para rematar asinounos os nosos exemplares e mesmo o da biblioteca do cole. Un pracer ter compartido con el este tempo".


xoves, 23 de abril de 2015

O DIA DO LIBRO. PADRIÑOS LECTORES

Probámolo o ano pasado e tanto nos gustou que quixemos repetir e agora que ven de pasar xa a data os pequenos aínda seguen a preguntar cando volven os padriños e madriñas a nos ler os contos. 
Adiantámonos dous días á data oficial por mor da nosa axenda que nalgúns momentos do curso está mais chea ca dos ministros (e este mes de abril  non paramos de tantas novidades que chegan ao cole). O pasado martes 21 deabril cun día de sol bastante agradable quixemos encher o patio de lecturas a alá saimos todos - grandes e pequenos, padriños e madriñas, afillados e afilladas - a disfrutar das lecturas. Semella que ainda non o entendemos ben, ou non nos atrevemos a "encher o patio" e acabamos case todos no mesmo lugar, pero non importou. Malia a veciñanza de moitos, cada grupiño estaba concentrado nas súas lecturas e nada parecía distraernos. 
Foi un longo cacho de lectura superdisfrutado. Algúns padriños agasallaron os afillados con marcalibrosopreciosos, pero eu coido que un dos mellores agasallos foi a iniciativa dos cativos de primeiro que quixeron non só escoitar o que lles leron, senon tamen ler eles mesmos- coa súa "case"recen estrenada habilidade lectora- aos seus padriños e madriñas.


NOVO LIBRO VIAXEIRO EN 1ºA : FILIBERTO E O XASTRE DE SOMBRAS

Hai uns días que os nenos e nenas de 1º A recibimos un novo libro viaxeiro: "Filiberto e o xastre de sombras" de Benoit Perroud. O libriño encantounos e viunos que nin pintado, agora que xa levamos un tempiño metidos de cheo co proxecto documental arredor da luz. Asi que logo de que a profe nos contara a historia na biblioteca, puxémonos mans a obra a imaxinar e aqui tendes unha mostra do resultado: o noso imaxinario de sombras. Agardamos que vos guste tanto coma a nós.


mércores, 22 de abril de 2015

UNHA NOVA MALETA DE CIENCIA

Xa temos na biblio unha maleta de Ciencia procedente de Santiago da Asesoría de bibliotecas.Un interesante material para desfrutar de entretidas lecturas científicas.





UNHA HISTORIA FANTÁSTICA CUN LIBRO VIAXEIRO

Hai moito tempo, tanto que xa non vos lembraredes, Reilibro deunos un mandado...ler un dos libros da biblio  e contarlle o que mais nos gustase do mesmo.
Preparou un grande libro viaxeiro para que apuntasemos alí todo o que nós quixer. 




Tanto nos gustou a idea que o libro empezou a viaxar polas aulas no mes de novembro e non parou ata hai pouco, de xeito que algúns  pensamos que xa non poderiamos ensinárvolo antes de acabar o curso. Pero... por fin despois de moitas idas e vidas xa o temos nun andel da biblio para que todos poidades desfrutar do que fixeron os compañeiros e para  que o mouchiño pase moitas horas entretidas na lectura das súas imaxes.

A NAVE DE LUCAS

Un novo conto con temática sobre a luz que chega ós xoves de lectura no noso cole. Nahir e Pili leron para todos estas interesantes aventuras.

















xoves, 16 de abril de 2015

O RECUNCHO DESAPARECE. AS PROPOSTAS SEGUEN VIVAS

Vimos de levar xa ós seus andeis os libros que compuxeron o recuncho de poesía que estivo na biblioteca dende mediados de marzo ata agora. Hai que facer sitio para as novas propostas deste derradeiro trimestre. Pero non queremos que deixedes de ler poemas e de facer rimados. Algunhas aulas colléronlle gusto e non paran... Deixamos aquí as fotos dos libros propostos para que os volvades buscar na biblioteca se vos apetece. Hai moitos máis e de seguro, se buceades un pouquiño, atopáredelos.



sábado, 4 de abril de 2015

DERRADEIRO XOVES DE LECTURA DO TRIMESTRE

Despedimos o trimestre, pero damos a benvida á primavera. Despois de encher o patio de poemas primaverais, nada mellor que adicarlle un xoves ás lecturas relacionadas con esta nova estación.
"A primavera das 999  irmás rás" pareceunos -e así resultou- unha boa escolla.
Velaiquí tedes as fotos da sesión. Ángela e Leylen de 4º de primaria foron as lectoras.