Amosando publicacións coa etiqueta xoves con luz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xoves con luz. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de xuño de 2015

O NOSO KAMISHIBAI

Unha das adquisicións deste curso O teatriño de Kamishibai foi estreado este derradeiro xoves de lecturas deste curso.
Para pechar tamén  as lecturas literarias dentro do noso proxecto da luz limos na biblioteca "Como Maui capturou o sol" unha bonita lenda da mitoloxía maorí que nos leva as orixes das cousas tal e como son agora. 
O  público fallou un pouco porque xusto o día seguinte celebrabamos  o festival de fin de curso e moitos quedaron nas aulas ensaiando e dando os últimos toques. Haberá que repetir a sesión para que todo o mundo poida escoitar este bonito conto e desfrutar desta técnica tan especial.











xoves, 14 de maio de 2015

ALGÚNS XOVES MAIS

Cun pouquiño de retraso dámosvos conta dos  xoves  de lectura na biblioteca das pasadas semanas de finais de abril e primeiros de maio . 
"Las tijeras de Matisse" forma parte dos itinerarios lectores artísticos do noso Proxecto da Luz. Lémolo na biblio para achegarnos ás múltiples posibilidades que nos ofrecen a forma e a cor. A ver se somos quen de percibir que se agocha detras de cada recorte de papel, ao tempo que coñecemos a este gran pintor.
















mércores, 22 de abril de 2015

A NAVE DE LUCAS

Un novo conto con temática sobre a luz que chega ós xoves de lectura no noso cole. Nahir e Pili leron para todos estas interesantes aventuras.

















domingo, 30 de novembro de 2014

A NOITE DAS MUDANZAS NOS XOVES DE LECTURA

Remata o mes de novembro cunha nova sesión dos Xoves de Lectura á hora do recreo. 
Mamor e Cándido de 6º de Primaria foron os encargados de ler para tódolos asistentes o conto "A noite das Mudanzas", seguendo co fío de lecturas arredor de elementos naturais relacionados coa luz.
Vemos as fotos da actividade.










sábado, 22 de novembro de 2014

QUEN LEVOU Á LÚA

A noite é un momento cunhas características de ausencia de luz que dá moito xogo na literatura. Nesta lectura achegámonos á importancia da lúa no desenvolvemento natural e emocional dos seres vivos.
 Marta e Antía de 6º de Primaria contaronnos este precioso conto.