Remata o mes de novembro cunha nova sesión dos Xoves de Lectura á hora do recreo.
Mamor e Cándido de 6º de Primaria foron os encargados de ler para tódolos asistentes o conto "A noite das Mudanzas", seguendo co fío de lecturas arredor de elementos naturais relacionados coa luz.
Vemos as fotos da actividade.
domingo, 30 de novembro de 2014
VOLVE O PROXECTO CONTAMOS MOITO.
O proxecto de animación lectora "Contamos Moito" volve unha vez mais a ocupar o seu sitio no traballo das aulas de infantil.
Neste trimestre é o primeiro ciclo de primaria o que comparte lectura cos nenos e nenas de infantil. O venres 28 de novembro xuntámonos na biblioteca cos nenos de 2º de Primaria para desfrutar da lectura do conto GATO GUILLE E OS MONSTROS.
Ademais, coma tódolos anos, imos traballar todos xuntos nunha actividade conxunta arredor do conto da que xa vos falaremos máis adiante.
Mentres, ollade a presentación da actividade no blog de infantil "follas de moreira"

sábado, 29 de novembro de 2014
ACHÉGASE O NADAL. O MES DE LIBROUCHO
Achégase o Nadal e, antes de voar cara o seu sitio protagonista na árbore dos lumimouchos, Libroucho -a mascota da biblioteca no mes de decembro- non quixo chegar tarde á súa cita é xa nos mandou a súa "LUMI-IDEA" deste mes.
Na semana que ven de pasar chegou ás aulas de primaria un rolo de papel no que viñan dúas follas moi especiais. Por unha banda, a petición do Moucho...o seu desexo para este nadal. Unha particular mensaxe co que nos pide o Mouchiño a nós, que neste caso facemos o papel de Reis Magos e imos traballar con moito mimo no que nos pide. Ademais imos aproveitar para prepararllo dun xeito moi especial, coma un grande agasallo de nadal que dentro dunhas poucas semanas poderedes desfrutar na entrada do cole. Estádesvos preguntando cal era a segunda folla?...pois ollade! unha imaxe dun cadro de Vassily Kandinsky co que imos empezar a traballar a lectura de imaxes na arte, ademais de poder aprender algo do propio autor. Ah, e non poderemos esquecer ir vendo como esta escena de inverno está chea de luz (como sabedes o noso tema "estrela" deste curso).
Bueno, os de infantil que non se preocupen que a eles tamén lles vai tocar participar!.

mércores, 26 de novembro de 2014
OS DE 3 ANOS TAMÉN TRABALLARON PARA O MOUCHIÑO
Os nenos e nenas de 3 anos cóntannos a súa "primeira" experiencia có Moucholibro.
Xa fai algúns días, aló polo Samaín, o Moucholibro (mascota da biblioteca) deixounos na clase unha carta na que nos propuxo algo super divertido. Tiñamos que ir á biblioteca e atopar un sobre amarelo no que había unha palabra relacionada co medo. Con esa palabra tiñamos que inventar unha historia de medo. Bueno..., ou algo parecido!
E alá puxémonos a investigar na pizarra dixital sobre as BRUXAS porque foi a palabra que nos tocou. Este foi o resultado...un libriño para cumplir o desexo do mouchiño.

sábado, 22 de novembro de 2014
OS RELATOS DE MOUCHOLIBRO
Como sabedes, Moucholibro -a nosa mascota do mes de outubro- quixo celebrar o 24 de Outubro, Día das bibliotecas escolares, pedindo a tódolos nenos do cole que lle fixeran relatos de medo coas palabras coas que el quería agasallalos. "DOUCHE UNHA PALABRA, DAME UN RELATO" chamábase a actividade.
Dende entón estaba todo o mundo tan caladiño que todos pensabamos que se esqueceran da petición do Moucho. Pero velahí están xa na biblioteca os primeiros relatos feitos!. E uns chaman a outros porque enseguidiña apareceron mais e mais e agora xa hai un mundo de relatos amoreados na mesiña na que Moucholibro nos deixara as súas palabras.
Os de 6º puxéronse mans á obra, como bós axudantes de biblioteca que son, e foron quen de prepararlle un arquivador no que van ir metendo tódolos relatos para que non perda ningún. Coido que o Moucho xa empezou a desfrutar da súa lectura e, en canto remate de lelos todos, imos pedirlle que nolos preste para que viaxen ás aulas. Daquela tódolos compañeiros poderemos desfrutar tamén dos relatos dos outros. Vós tamén poderedes velos na biblioteca e no libro dixital que subiremos ao blog para que ninguen perda nin unha palabra.
Aqui van unhas cantas fotos da mesa da bilioteca e dalgúns cursos traballando nos seus relatos. Pouquiño a pouco iremos subindo mais.

OS DE 6º NON PARAN. DOS TÍTULOS MATEMÁTICOS Á BANDA DESEÑADA
Esto de ser os maiores do cole é o que ten. Hai que ser valentes é probar todo de primeiros. No empeño dos Lumimouchos de dotar ás bibliotecas de aula de lecturas diversas para á "Hora de Ler", tocoulles a eles primeiro recibir A MALETA DOS MOUCHOS, como xa vos informamos hai algunhas semanas. O que non vos ensinamos daquela foron as fotos de como foron buscala á biblioteca, onda REILIBRO, e como desfrutaron das lecturas que nela se agochaban. Tede en conta que na maleta hai libros diferentes e adaptados a tódalas idades das aulas polas que ten que pasar. Daquela estes nenos atoparon canda lecturas moi "sesudas" outros libros mais sinxeliños que no seu momento desfrutarán os de infantil. Se lle botades unha ollada ás súas caras mesmo desfrutan cuns que cos outros...o importante É LER!
Agora que a MALETA xa está en 4º de Primaria a eles tocoulles estrenar unha segunda maleta. Desta volta adicada á banda deseñada e que xa só desfrutaran os de Primaria. Nas fotos veredes que estas lecturas tamén espertaron o seu entusiamo.

QUEN LEVOU Á LÚA
A noite é un momento cunhas características de ausencia de luz que dá moito xogo na literatura. Nesta lectura achegámonos á importancia da lúa no desenvolvemento natural e emocional dos seres vivos.
Marta e Antía de 6º de Primaria contaronnos este precioso conto.

SEGUEMOS SUMANDO XOVES DE LECTURA
Dende a nosa última entrada veñen de producirse dúas novas sesións de Xoves de lectura.
Na primeira a profe Pili contounos AS LENTES DE VER
un simpático conto que toca coa convivencia e as emocións no que foron desfilando unha morea de gafas diferentes. Comezamos así unha nova serie de lecturas literarias arredor das distintas olladas sobre as que imos enfocar o tema deste curso "As viaxes da luz".
Mirade as fotos

domingo, 9 de novembro de 2014
XOVES DE LECTURA TAMÉN EN NOVEMBRO
A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS é o conto que leron esta semana Leilen e Ainhoa de 4º de Primaria. Velaiqui as fotos da sesión
REILIBRO XA CHEGOU A SÚA CASIÑA
Estamos no mes de Novembro e REILIBRO xa chegou a súa casiña da árbore dos LUMIMOUCHOS para encargarse de ter as ideas luminosas deste mes. Mentres os preparativos sobre o PDI "As viaxes da luz" ainda non ven a luz, Reilibro quere concentrarse no HÁBITO LECTOR, agasallándonos con mais lecturas para A HORA DE LER.
Dúas son as iniciativas que ven de por en marcha:
-A MALETA DOS MOUCHOS que xa desfrutan esta semana na aula de 6º de Primaria e que irá rotando por tódalas aulas.
-e o LIBRO RECOMENDADO DO TRIMESTRE. "Unha historia fantástica" co seu correspondente CADERNO VIAXEIRO, onde os nenos que o desexen contaranlle ós lumimouchos a súa opinión sobre o libro. Son os nenos e nenas de 1ºA os que empezan a rolda.
Ámbalas dúas iniciativas responden ao lema das Bibliotecas Escolares para este curso BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!!!.
A "Maleta dos Mouchos" está chea de libros para tódalas idades con TÍTULOS MATEMÁTICOS.
Por outra banda o conto "Unha historia fantástica" é un relato que aborda a "resolución de problemas" dun xeito orixinal e diverxente. Como ademáis este mes de novembro é o mes da CIENCIA EN GALEGO este libro tamén nos axudará a por en marcha o razonamento "científico" sobre todo o que supoñen as decisións que tomamos ao resolver os problemas cotiás.
Ésta competencia matemática é unha das máis importantes do currículo tanto na Primaria como na Educación Infantil.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)