sábado, 15 de xuño de 2019

UNHA MAQUETA MOI ESPECIAL

Dentro da exposición final de traballos sobre este Proxecto Documental Integrado acompaña ós murais circulares do proxecto, á exposición de traballos antiguos do cole e ós traballos das familias, un elemento moi especial. Trátase dunha maqueta do noso cole que tamén os mouchiños nos mandaron facer para que quedase como lembranza de como era neste 2019 o noso cole. Xa sabemos que é moi distinto do que foi hai algúns anos. Quixemos que eses cambios quedaran reflectidos para sempre. Como somos pequenos, non puidemos facer a maqueta a escala e quedounos un pouquiño a ollo. Claro que é un ollo moi particular, o noso. Plastilina, cartón e pinturas axudaron a compoñer esta simpática imaxe  na que, se vos fixades ben, non falta detalle. Bueno sí, falta o patio de infantil que lle tocou a unhas tartaruguiñas que se toman o seu tempo. Entretivéronse tanto observando que agora non dan feito. A ver se rematan antes da din do curso!












Ningún comentario:

Publicar un comentario