Aínda que as primeiras actividades do proxecto Patios verdes, residuos cero xa forman parte do PDI deste curso, foi agora cando iniciamos as actividades documentais. Coincidindo o luns co Día Mundial da pesca, os nosos mouchiños deixaron nas aulas o cartafol de presentación e as primeiras tarefas. Enseguidiña tódolos nenos e nenas de infantil puxéronse tamén mans á obra para ir pouco a pouco preparando o gran mar que vai acubillar moitas das especies de pesca sostible nas nosas costas. Ao tempo tódalas aulas comezaban as súas pescudas para enchelo coa información científica necesaria. Os detalliños e a participación dos distintos grupos iremos coñecéndoa pouco a pouco.
mércores, 23 de novembro de 2022
VIAXE A NATURNOVA NO MES DA CIENCIA EN GALEGO
Os nenos e nenas de 1º e 2º sairon á Naturnova e tiveron interesantes experiencias participando na actividade O mundo dos bosques...viaxaron nunha simulación do submarino, clasificaron o lixo no seu contedor correspondente e xogaron coas estacións clasificando animais. Ciencia en galego e experimentando! Que ben o pasaron!
sábado, 19 de novembro de 2022
MONSTRO DE CORES EN PRIMEIRO
A lectura de MOnstro de cores é o fío condutor deste traballo que están a facer os nenos e nenas de primeiro arredor das emocións. Os contos sempre no medio das mellores aprendizaxes!
SAÍDA AO TEATRO 1º e 2º
Os nenos e nenas de 1º e 2º foron ao teatro da Fundación a gozar da obra A aventura de aburrirse. Semella que non se aburriron para nada.
xoves, 17 de novembro de 2022
HOXE LÉ...DOUS XOVES MÁIS
O pasado xoves e máis hoxe os nenos e nenas de 6º seguen a se-los protagonistas dos contacontos á hora do recreo.
Unha de lobos foi a lectura do xoves 10 de novembro. Os lectores, Xabi e Claudia
Hoxe foron Lucía e Xiana as encargadas de ler As manoplas de Carapuchiña
Encántanos ter tan bós contacontos!
sábado, 12 de novembro de 2022
...E MAGOSTO!
Xogos e paparota foi o que nos ofreceu o día de San Martiño. Nas aulas traballamos durante toda a semana con actividades de todo tipo arredor das castañas e facendo os preparativos para celebrar un ano máis esta festa tan de noso. Deixamos aquí as fotos de 1º,2º,3º e 4º de primaria e os xogos e fotos de infantil
venres, 11 de novembro de 2022
POLO SAN MARTIÑO...
...peóns ao camiño". Xa sabedes que a biblio tiña un reto de invención e feitura reciclada de peóns ou buxainas. Hoxe, San Martiño é o día propio de facelos bailar. Daquela, onte véspera do día, os nenos e nenas de 4º baixaron a infantil a facer unha demostración de como bailaban as buxainas que "pensaron" e fixeron con materiais diversos, entre eles as pezas de lego. Foi algo estupendo para os cativos e tamén para os maiores protagonistas. Aquí podedes velos. De certo que estas non serán as únicas buxainas que vexamos...outros xa se están poñendo as pilas!!
LEOTOLDA E LUZ NEGRA
Durante estas dúas semanas os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria fomos á biblioteca a xogar coa luz negra e gozar coa nosa amiga Leotolda. Na especial atmosfera que dá esta luz, e sen os medos que pasamos polo Samaín, puidemos debuxar, inventar mil e unha cousas e tamén escoitar e "ollar" a historia desta personaxe creada por Olga de Dios.
Deixámosvos ver algunhas fotos
xoves, 10 de novembro de 2022
COÑECEMOS O PAÍS DA NOSA AUXILIAR DE CONVERSA
A nosa auxiliar de conversa, Adriana, fixo unha presentación para explicárlle a tódolos nenos e nenas como é o seu país. De seguido podedes velos.
2º de primaria
3º primaria
5º primaria
3º primaria
domingo, 6 de novembro de 2022
LOBOFEROZ...COMPARTINDO LECTURAS
Os animadores Alba e Eloi comezaron en 1º unha rolda de sesións de animación coas aulas dos máis pequenos do centro. Todos gozaron unha chea da experiencia: os lectores e os "escoitadores".
Uns días despois foi a quenda dos nenos e nenas de infantil que tamén gozaron unha chea con este conto

























.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
