mércores, 23 de novembro de 2022

COMEZA A SÚA ANDAINA DOCUMENTAL O NOSO PDI

Aínda que as primeiras actividades do proxecto Patios verdes, residuos cero xa forman parte do PDI deste curso, foi agora cando iniciamos as actividades documentais. Coincidindo  o luns co Día Mundial da pesca, os nosos mouchiños deixaron nas aulas o cartafol de presentación e as primeiras tarefas. Enseguidiña tódolos nenos e nenas  de infantil puxéronse tamén mans á obra para ir pouco a pouco preparando o gran mar que vai acubillar moitas das especies de pesca sostible nas nosas costas. Ao tempo tódalas aulas comezaban as súas pescudas para enchelo coa información científica necesaria. Os detalliños e a participación dos distintos grupos iremos coñecéndoa pouco a pouco.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario