venres, 27 de outubro de 2017

PRIMEIRA TAREFA : OS OLLOS DO SIRENO

Os mouchiños veñen de enviar ás aulas a súa primeira tarefa cunha carpeta de traballo sobre "Os ollos do Sireno". Non hai mellor excusa para botarse de cabeza a ler e matinar nas cousas que nos piden e poñerse xa a pescudar. 
De feito  nalgunha aula algunha espilida xa localizou o punto da cidade na que se atopa ese Sireno do que nos falaba esta primeira tarefa.










PDI E SAMAÍN

Este curso temos moitas gañas de xogar. O xogo é unhas das formas de  poñer en practica o aprender a pensar, que xa vos dixemos que é o lema das bibliotecas escolares. Daquela imos proporlle a todo o mundo ao longo do este ano, xogos de pistas, adiviñas e actividades que nos fagan botar a andar a imaxinación. 
Como nos gusta integrar todo o que vai acontecendo no mundo coas nosas aprendizaxes, o noso Pdi arranca ao tempo que o outono nos trae o Samaín. 
Case ás caladiñas, propuxemos as familias que nos enviaran o seu calacú e que matinaran na teima do Proxecto Documental que ven de botar a andar: Cos ollos de Vigo...(pero..., pero..., de que ollos me falades? pensaríades algúns). O certo é que as cabazas que xa  empezan a encher a mesa que lles tiñamos preparada teñen moitos outros adornos, pero sobre todo moitos ollos grandes, pequenos, cadrados, redondos...e en moitas delas albíscase o espíritu da nosa cidade.






COMEZAMOS A TRABALLAR TAMÉN NUN NOVO PROXECTO DOCUMENTAL

As cartas de presentación aos pais e ás distintas aulas foron o sinal de saída nesta nova pescuda na que nos mergullamos. A nosa cidade de Vigo e mailo mundo de Xulio Verne van ir da man no proxecto escollido para este curso "Cos ollos de Vigo".
Esta semana chegou ás aulas a carta de presentación do proxecto e tamén chegou as casas a nosa invitación a participar nas actividades especialmente deseñadas para as familias. Se queremos conseguir os nosos pasaportes -o lector e escritor nas aulas e mailo viaxeiro nas casas- non teremos mais remedio que viaxar de distintos xeitos ás rúas da nosa cidade e poñernos a desfrutar de lecturas variadas. Aprender a pensar, que é o lema das BE para este curso, vai estar moi presente tamén en tódalas tarefas que os mouchiños "pensen" para nós. Ánimo e a traballar!!






SEMANA GRANDE NA BIBLIOTECA

As actividades de inicio na biblio coinciden sempre coa celebración do día da Biblioteca, o 24 de Outubro. Nós en troques dun día quixemos celebrar unha semana e darlle  un toquiño de Samaín que está xa ás portas.
Na hora de ler e un pouquiño (bastante) máis  fomos xuntándonos os distintos  cursos de 2 en 2 para compartir lecturas de medo na biblio e facer xuntos un pequeno adorno para estes días.
 A lectura compartida resultou moi ben, todos -grandes e pequenos-disfutaron arreo e deixaron a biblio adornadiña que da arrepío mirar xuntos tantos castelos de terror, bruxas e monstros...

Pero o mellor de todo foi coñecer a unha nova mouchiña, Edelmira, que ven de chegar a Vigo despois de dar varias voltas arredor do mundo. A súa linguaxe é a de signos. Ten moitas gañas de coñecernos a nós e a nosa cidade e de seguro que nos contará unha e mil aventuras das que lle sucederon nas súas viaxes.


















POR FIN COMEZAMOS AS RUTINAS LECTORAS... PRIMEIRO XOVES DE LECTURA

Despois dunha tempada de preparativos dámos comezo a unha nova andaina de actividades que nos van ter ocupados ata a fin de curso na biblioteca. 
A hora de ler xa está en marcha dende o primeiro día e moitas aulas comezaron o préstamo xa dende principios de outubro. 
As primeiras  xornadas das lecturas dos xoves  encherán de monstruos e de medo os momentos de lecer no recreo.

O conto  “Monstruo, se bueno” foi o punto de partida,  o pasado xoves 19 de outubro, desta actividade tan desexada por todos. Na xornada de inauguración un bo puñado de pequenos e grandes agardaban ansiosos que comezase a lectura. Estas axudantes de 6º tamén estaban felices de se-las primeiras.







domingo, 1 de outubro de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS. INFORMARSE PARA FORMARSE: COMO AFRONTAR A PUBERTADE




Os nenos e nenas de 5º e, en especial os de 6º, afrontan o derradeiro tramo do percorrido no cole nun momento de cambios físicos e psicolóxicos. Para axudalos, e axudar  tamén aos seus pais e nais, a afrontar algúns destes cambios  aquí vai a nosa recomendación. "Mía se hace mayor" é  o título deste interesante libriño da editorial juventud que vos axudará a navegar polo mar das vosas preocupacións.

venres, 22 de setembro de 2017

COMEZAMOS CUN CONTO MUSICAL

Non fixemos máis que tomarlle a temperatura ao novo curso e xa fomos todos, maiores e pequenos, invitados a desfrutar da música e  dos seus vencellos coa literatura. Adentrarnos no mundo dos instrumentos de vento e no conto "As clases de tuba" foi a proposta que nos fixeron os músicos da Escola de Música Lira de San Miguel de Oia. Foi unha maneira diferente de chegar á música como protagonista do mundo infantil.



É un conto sen palabras que algúns dos que pasaron hai uns poquiños anos por infantil tiveron a oportunidade de lelo, coñecelo e traballalo. Se vos apecete lembrar o que argallamos daquela premede AQUÍ.  Disfrutaredes cos textos creados  polos nenos e nenas que hoxe están nos cursos de 6º, 5º e 4º de Primaria. Que tempos aqueles!

Se non pasade directamente a mirar as fotos que fixemos da sesión literario-musical.

sábado, 1 de xullo de 2017

O MIÑO E AS FAMILIAS

Ven de sair do prelo o libro dixital "O miño e as familias" no que recollemos as fotos dos traballiños aportados polas familias para a Exposición "Outono no Miño" coa que arrancou o proxecto e tamén unha das derradeiras actividades   "Adopta un río: As miñas vacacións no río" (os relatos das familias).  Mágoa que agora que fixemos as maletas démonos conta de que se perderon accidentalmente unhas fotos que se fixeron polo miúdo de tres libriños aportados para os relatos das familias. Daquela só podemos disfrutar cunha foto das portadas e non poderemos ver o interior. A ver si a volta seguen alí (e non os levaron os mouchiños) e podemos volver a fotografialos.!!!


O MIÑO E AS FAMILIAS

luns, 12 de xuño de 2017

OS XOVES DE LECTURA NA BIBLIOTECA

Este curso por diferentes circunstancias non tivemos a tranquilidade e o tempo suficiente para ir dando conta puntual de todo o que fomos vivindo e facendo na biblioteca. Daquela ao empezar a facer reconto do feito (É tempo de "memorias") dámonos de conta que algunhas cousas quedaron sen publicar.
Unha delas foi a actividade dos Xoves de lectura. Habelos hóuboos, ainda que non aparecesen por aquí a tempo. Imos facer un repaso rápido das lecturas que puidemos desfrutar e dos seus "lectores".

No primeiro trimestre Irene e Inés de 5º de Primaria foron as primeiras en comezar e contáronnos "O monstro de cores"



Seguíronlle Ariadna  e Ainhoa que  leron  "Inés del revés"


Hugo Antón e Oscar "Cocorico"



"Baixa Gata". Carla e Thalía de 4º



                                                             Javi e Mariam de 5º "Petra"


                                               Bruno e dani de 5º "Carabuñas"

                                               Alex, e David de 5º "A filla do grúfalo"


                                       Silvia, Mariama e Estela "Corre, corre, cabaciña"

                                                Lucía e Noemi de 4º "Cuando un elefante se enamora"

                                            Águeda e Naomi de 4º "Filbert el diablillo bueno"

                                               Zaira e Sheila de 4º  "Son un coello"

                                            Alex e Lucas de 4º "Onde estás caracol"

                                                Ainhoa e Carla de 6º "O segredo do bosque"

                                               Meli e Roi de 6º "Mamá, ti sí que me entendes"

                                         
                                          Merchi, Nahir e Irea de 6º "Picurruchos"



                                Noelia e Leylen de 6º "Los fantásticos libros del Sr Morris"


                                                         Nenas de 3º "Este é  Toribio"

                                            Nenos de 3º "El yayo es ...el yayo"


                                                 Nenas de 3º ¡Que perro más raro!"