venres, 27 de outubro de 2017

PDI E SAMAÍN

Este curso temos moitas gañas de xogar. O xogo é unhas das formas de  poñer en practica o aprender a pensar, que xa vos dixemos que é o lema das bibliotecas escolares. Daquela imos proporlle a todo o mundo ao longo do este ano, xogos de pistas, adiviñas e actividades que nos fagan botar a andar a imaxinación. 
Como nos gusta integrar todo o que vai acontecendo no mundo coas nosas aprendizaxes, o noso Pdi arranca ao tempo que o outono nos trae o Samaín. 
Case ás caladiñas, propuxemos as familias que nos enviaran o seu calacú e que matinaran na teima do Proxecto Documental que ven de botar a andar: Cos ollos de Vigo...(pero..., pero..., de que ollos me falades? pensaríades algúns). O certo é que as cabazas que xa  empezan a encher a mesa que lles tiñamos preparada teñen moitos outros adornos, pero sobre todo moitos ollos grandes, pequenos, cadrados, redondos...e en moitas delas albíscase o espíritu da nosa cidade.






2 comentarios:

  1. Son xeniais estes calacús! Nós este ano fixemos para adornar na casa e non chegamos a tempo de entregar o calacú para o cole, pero da gusto ver estas fermosuras!

    ResponderEliminar
  2. Mágoa. Seguro que a vosa tamén era estupenda. Non vos preocupedes que seguro que teredes oportunidade de participar nos proxectos futuros.

    ResponderEliminar