sábado, 1 de xullo de 2017

O MIÑO E AS FAMILIAS

Ven de sair do prelo o libro dixital "O miño e as familias" no que recollemos as fotos dos traballiños aportados polas familias para a Exposición "Outono no Miño" coa que arrancou o proxecto e tamén unha das derradeiras actividades   "Adopta un río: As miñas vacacións no río" (os relatos das familias).  Mágoa que agora que fixemos as maletas démonos conta de que se perderon accidentalmente unhas fotos que se fixeron polo miúdo de tres libriños aportados para os relatos das familias. Daquela só podemos disfrutar cunha foto das portadas e non poderemos ver o interior. A ver si a volta seguen alí (e non os levaron os mouchiños) e podemos volver a fotografialos.!!!


O MIÑO E AS FAMILIAS

1 comentario:

  1. Caramba! Si que traballamos no curso pasado!! Agora a ver que sorpresas nos trae o novo curso para as familias. Aquí estaremos ;-)

    ResponderEliminar