mércores, 14 de febreiro de 2018

SEMANA DA TROULA A VOLTAS CON XULIO VERNE

As actividades de Entroido sumáronse á homenaxe e o traballo arredor de Xulio Verne que  nos ocupa  parte deste curso. A súa relación con Vigo plasmada no seu libro  "20000 leguas de viaxe baixo dos mares" foi a teima central desta festa. Na semana da troula o noso Meco Camilus deu as ordes precisas para ir compondo un disfraz de capitán, pero claro non podía ser outro que o capitán Nemo.
Estes son algúns dos participantes na troula... 
















TRABALLANDO E INVESTIGANDO COA PAZ

Comezando xa o relato das actividades do 2º trimestre, a nosa 1ª parada ten que ser no Día da Paz. Este ano fixemos unha proposta ás aulas na que se vencella a reflexión sobre os elementos imprescindibles para a paz coa nosa propia experiencia. O cambio climático  que revolto ao planeta con cousiñas  que todos estamos a sofrir (lumes, seca, fame, inundacións,..) foi a teima sobre a que apoiamos o noso traballo de pensamento crítico. Primeiro analizamos o tema a partir de contos e videos  e despois procuramos unha saída práctica...que podiamos facer coma cidadáns vigueses para axudar ao noso planeta e contribuir á paz?. Seguro que o Dinoseto co que vimos de traballar hai nadiña inspirou moitas das nosas respostas.
Para representar esta grande comunidade de cidadáns, xuntos, ombro con ombro, inspirámonos no mural de Nelson Villalobos sito na avenida Martínez Garrido.





 Fixémoslle a nosa particular interpretación para incidir mais na idea da colaboración e o traballo compartido cunha meta común.
Este é o mural e algunhas das nosas solucións... 









LEMBRANDO O 1º TRIMESTRE: AS VIAXES DAS FAMILIAS...O NADAL E VIGO ANTIGUO

Xa locen tamén nas escaleiras as novas extensións dos proxectos das familias  "7 SEMANAS EN VIGO" e "VIGO MISTERIOSO".

Os pasaportes xa están incorporando a participación nesta 3º viaxe polas rúas de Vigo de tódalas familias que participan dende o primeiro día e tamén daquelas que agora empezan a desfrutar con estas actividades e cos misterios que se agochan na nosa cidade.

"7 semanas en Vigo" levounos de viaxe polo Nadal e atopamos moitas cousas interesantes nos envíos das familias.



















"Vigo misterioso" achegouse á rúa Zaragoza e os murais con fotos antiguas da cidade. As familias cóntannolo, ainda que faltan moitas fotos por subir. Seguiremos traballando.






 

martes, 13 de febreiro de 2018

LEMBRANDO O 1º TRIMESTRE:OS OLLOS DO DINOSETO

No segundo banzo da escaleira ancha loce hai tempo o traballo documental e multidisciplinar feito polas aulas ao redor do Dinoseto. 

  
A silueta feita desta volta corresponde ao edificio que se atopa nas costas do Dinoseto e que no seu día foi un teatro. Se nos fixamos nas fotos antiguas veremos que a súa faciana consérvase case igualiño ca entón.

Pero que estivemos a pescudar sobre o Dinoseto e o seu emplazamento?. Imos desmigallar para vós o traballo das aulas: 


 3º e 4º a foron os encargados de explicarnos qué e o Dinoseto e onde se localiza xeográficamente na cidade.




5º abordou dende o punto de vista filosófico e de formación crítica os pros e os contras da futura peatonalización da Porta do Sol.




4º b e infantil achegáronse o Dinoseto dende o punto de vista da Ciencia. 
Quen sos os inimigos naturais do dinoxeto vexetal...


quen foron os dinosaurios e que cousas aprendemos mal co Dinoseto...



que clase de dinosaurio é o Rinoseto que atopamos en Navia e que comía...


 e  como se reproducían os dinosaurios



1º encargouse desta volta de punto de vista matemático


2º achegouse a él dende o punto de vista literario

 

E 6º mergullounos unha vez máis na historia das rúas máis proximas ao Dinoseto Principe e a Princesa.