Como xa vos adiantamos noutra entrada, o obradoiro de cosido é unha das actividades "estrela" deste trimestre. E non perdades coidado porque no vindeiro xaneiro continuará traballando na mesma liña e tamén con novas propostas. Non queremos deixar de ensinarnos, -agora que se están a dar as derradeiras puntadas deste ano-, novas fotos desta actividade que, pouco a pouco, vai sumando adeptos entusiastas, entre os que se contan unha gran cantidade de rapaces. Ademáis é un obradoiro moi colaborativo no que moitos e moitas participantes xa asumiron o papel de "profes" e ensinan aos novos a dar os primeiros pasos.
Vede aquí as fotos
Amosando publicacións coa etiqueta recreos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recreos b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 14 de decembro de 2019
xoves, 5 de decembro de 2019
OBRADOIRO DE COSIDO
Está xa en marcha, nos recreos na biblio, o obradoiro de cosido "Dándolle ao fío II" que dirixe a profe Elena. Polo de agora están facendo as bandeiras dos países polos que pasaron os barcos de Magallanes e Elcano que deron a 1º volta ao mundo. Moi vencellado ao noso PDI, integrando coñecementos e habilidades e con moito éxito de rapazas e tamén de rapaces. Obradoiro, xa que logo, de igualdade e inclusivo.
Se queredes ver algunhas fotos do ben que o pasan premede no seguinte vencello
OBRADOIRO COSIDO PRIMEIRAS FOTOS
Se queredes ver algunhas fotos do ben que o pasan premede no seguinte vencello
OBRADOIRO COSIDO PRIMEIRAS FOTOS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)