Mañá, 11 de febreiro, celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia, e dende a biblioteca preparamos unha proposta especial relacionada co noso PDI de arquitectura.
Queremos convidarvos a investigar o camiño das primeiras mulleres arquitectas: quen foron, que obstáculos tiveron que superar e que obras e achegas deixaron para a historia.
Estas imaxes apareceron na biblioteca… Seredes quen de descubrir de quen se trata?
Poñede en marcha o voso espírito investigador e animádevos a participar nesta procura científica e arquitectónica!
Ningún comentario:
Publicar un comentario