E... as vacacións de verán xa están aquí!
Lembrade que un libro sempre é boa compañía, tamén na praia e na piscina!
E... as vacacións de verán xa están aquí!
Lembrade que un libro sempre é boa compañía, tamén na praia e na piscina!
Como ben sabedes, este ano estivemos indagando sobre os meteoros. Todo ese traballo foi presentado na Exposición Universal do Párroco coa que compartimos todo o aprendido con compañeiros, familiares e amigos.
Os meteoros dan para moito! Ciencias, tecnoloxía, literatura, poesía, arte... Cantas cousas podemos descubrir se somos curiosos.
Foi unha xornada moi especial na que descubrimos o feito por outras clases e, a pesar de levar xa un ano experimentando e aprendendo, onte aínda ampliamos algo máis!
Moitas grazas as familias por vir, participar e amosar tanta curiosidade por todo o que tiñamos que contarvos!
Que momentos nos deron as LECTOESTRELAS!
As xuntanzas arredor dos libros trouxeron consigo debates, xincanas, manualidades, risas, teatro e incluso unha cápsula do tempo!
Aquí deixamos unha pequena mostra de como clausuramos o club ata o ano que vén! Fixemos unha lectura dramatizada das dúas obras de teatro lidas: WOMBO COMBO e As terapias da Doutura Ledicia e enterramos a nosa cápsula de tempo feita tras a lectura de O enigma de Sempreviva.
As Estrelas da Lectura ben sabemos que os libros dan para moito e unha vez que te mergullas nas súas páxinas pode acontecer de todo!
Inspirados no conto "El pez arcoíris", os nenos e nenas de infantil participaron nun obradoiro creativo de collage, creando un peixe de cores moi orixinal!
Tras facer os trazos, rachar os papeis e realizar o collage, cunha simple cartolina negra fixemos relucir as cores deste peixe tan especial.
Aquí deixamos unha mostra do obradoiro!