Este ano, polo día das Letras Galegas, ademais de reflexionar sobre a importancia e riqueza que supón falar galego, facemos unha viaxe pola tradición da poesía oral e das cantareiras.
Para esta viaxe pola cultura das cantareiras e pandereteiras, facemos uso dos pósters informativos que nos contan a historia de Eva Catiñeira, Adolfina e Rosa Casás e das Pandereiteiras de Mens, as grandes homenaxeadas este ano.
Fomos máis alá e indagamos na tradición da música galega, traendo os instrumentos como as pandeiretas, o pandeiro, as cunchas de vieira e a lata de pimentón para poder compartir cos demais os pequenos tesouros que temos nalgunha das nosas casas como testigos desa tradición tan bonita que temos.
Dende biblioteca creativa e arts, deseñamos e creamos as nosas propias pandeiretas.
E todo este traballo arredor da nosa cultura e da nosa lingua rematou coa actuación do grupo de pandereteiras do noso barrio.