domingo, 6 de novembro de 2022

METIDOS EN FARIÑA E BAILARETES

 Velaí ven o magosto! e na nosa biblio seguen as actividades. Despois de recibir varias receitas superriquísimas feitas con cabaza, agora é a quenda da castaña. A castaña sempre ten sido un alimento moi importante en Galicia. Daquela se ollades no baúl das avóas e bisavóas, de certo que atoparedes algunha receita interesante  que probar. Animádeos e enviádenos foto ou vídeo. e non ten que ser unha sobremesa!


Por San Martiño trompos ao camiño!

Por outra banda nas aulas temos un reto arredor dos trompos, pións, buxainas ou bailaretes, tamén moi tradicionais neste tempo. Proba delo é a morea de palabras coas que se coñece este xoguete.As familias tamén podedes participar contruíndo unha buxaina con material de refugallo ou da natureza. Animádevos tamén e enviade unha foto ou vídeo de demostración de como o fixestes e como funciona. Non fai falla que teña corda como o tradicional. Abonda con que dea moitas voltas!

Aquí podedes ver un vídeo cos elementos que nos agasalla o outono. E outro con material de refugallo, pero hai moitas máis ideas interesantes!.




Ningún comentario:

Publicar un comentario