Graciñas por esta estupenda lectura!
venres, 30 de abril de 2021
ISAAC E A SÚA FAMILIA CÓNTANNOS UN CONTO
PRIMEIRO VIDEO DAS FAMILIAS CON RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Isaac, de 3 anos, recoméndanos dúas lecturas estupendas. Escoitade o que nos dí.
CARTA DOS MOUCHIÑOS INVITANDO ÁS FAMILIAS A COMPARTIR LECTURAS E OUTRAS COUSIÑAS
Moitas familias recibiron xa a carta na que os mouchiños invítanvos a compartir actividades neste derradeiro trimestre do curso. Hai moitas e moi variadas. Podemos escoller participar nunha ou en varias, así que animádevos!
xoves, 29 de abril de 2021
ESCOLLA DE RELATOS TRADUCIDOS POR XELA ARIAS
Esta é unha escolla de relatos dos moitos que contén o libro de Gianni Rodari "Contos ao teléfono" traducido pola nosa protagonista das Letras Galegas Xela Arias. As familias podedes escoller o que queirades e lérnolo, tal como explicamos na carta da biblioteca. Na entrada anterior téde-las ideas para "cadros con libros"
mércores, 28 de abril de 2021
MARCALIBROS FROITEIROS TAMÉN EN 3º
Os nenos e nenas de 3º andan a pescudar sobre os limóns e daquela aproveitaron esta froita para facer os seus marcalibros.
luns, 26 de abril de 2021
DÍA DO LIBRO EN 4º DE PRIMARIA
Os nenos e nenas de 4º de Primaria fixeron un estupendo marcapáxinas en forma de mandarina, froita na que teñen que pescudar nas súas tarefas do PDI.
domingo, 25 de abril de 2021
23 de abril. DÍA DO LIBRO
Aínda que a lectura e as actividades arredor dos libros son un costume ben enraizado no noso cole, o día do libro celebrámolo sempre dun xeito especial. Dende principios de mes hai unha serie de propostas a dispor de todos na biblioteca virtual, nas que as distintas aulas xa están a traballar, ademáis de ler e pescudar sobre os distintos elementos que precisamos para completar o traballo da segunda paprte do noso PDI.
Entre as actividades especialmente adicadas a este día destacan as suxerencias lectoras por parte de toda a comunidade. O foro de suxestións na aula virtual xa está medrando con propostas diversas e algunhas aulas xa fixeron marcalibros e entrénanse coma "booktubers"; mellor, coma voceadores de libros.
SABELA GAGO VISÍTANOS
Primeiro e segundo de primaria nos seus grupos burbulla e con tódalas medidas de seguridade desfrutaron da visita da contacontos Sabela Gago. Unha experiencia distinta nun curso distinto.
mércores, 21 de abril de 2021
AS FROITAS COMEZAN A DESFILAR
Mergullados xa no desenvolvemento da segunda parte do PDI, no que nos achegamos ás cores de Asia a través das froitas que viñeron daquelas terras, recibimos o primeiro traballo. 1º de primaria pescudou sobre a pera e compuxo a 1º folla do "libro das froitas do mundo" que imos elaborar. Participaron tamén na actividade de papiroflexia.
venres, 16 de abril de 2021
MULLERES EN 4º DE PRIMARIA
Os nenos de 4º de primaria traballaron conxuntamente a prensa e as mulleres inventando novas e desenvolvendo a súa vertente creativa. Dentro do PDI afondaron no traballo de Isabel Zendal que poderemos ver no blog adicado a este proxecto da biblio.
MÁIS MULLERES CIENTÍFICAS
Publicamos algunhas cousiñas que quedaron atrás no seu momento.
Estes datos sobre diferentes mulleres foron recollidos polos nenos e nenas de 1º de primaria
luns, 5 de abril de 2021
ABRIL: O MES DOS LIBROS
"Abril, libros mil" comeza con dúas celebracións importantes: O Día internacional do libro infantil que celebraremos ao longo de todo o mes con mil e unha lecturas e o Día do Autismo. Para esta segunda celebración deixámosvos un conto "especial": Mi amigo extraterrestre. Con el podemos poñernos na pel dos que se senten "distintos" e precisan da nosa axuda para entender o mundo que os arrodea.
MI AMIGO EXTRATERRESTRE