domingo, 16 de decembro de 2018

O MURAL DE "PELUCAS"

Poucos días fixéronlle falta ó noso artista "particular", Pelucas, para abrir  na parede do fondo do patio cuberto un burato cara á imaxinación.  Unha impresionante obra de arte na que desfilan  elementos variados e cotiáns cunha composición orixinal. Todos eles danse cita  no mural abrindo a nosa mente a diferentes lecturas. Pequenos e maiores fomos desfilando, tamén, por alí para ir vendo medrar o seu traballo; e, agora que xa rematou, para desfrutar del. Pelucas vai continuar o seu traballo artístico noutros muros, pero este queda connosco para sempre e, mentres estea aí, sempre seremos quen de descubrir novos matices que nos fagan ir máis aló destas paredes. Ademais as nosas mentes educativas xa están argallando mil e unha maneiras de  mergullarnos na esencia desta pintura e desfrutar dela cos nosos sentidos e desenvolvendo o noso pensamento. Ollar, sentir, matinar...tres das chaves dunha aprendizaxe activa que son posibles ao contemplar esta magnífica obra. 
Agora que estamos  casi xa de celebración deste 50 aniversario é bo que lembremos que o noso cole (coma todos) está anclado no mundo, ábrese a él e dende él seremos quen de conquistar os outros novos mundos que nos agardan a unha carreiriña de can.






















1 comentario:

  1. Menudo cambio que pegou o muro!! Noraboa a 'Pelucas' por facer dun espazo finito un recuncho de imaxinación infinita.

    ResponderEliminar