Os alumnos de 1º e 2º recibimos, o luns día 12 de maio, unha visita moi especial na biblioteca do cole. Sabiamos que alguén agardaba por nós, pero co que non contabamos era con aquela estupenda contadora de historias e coa súa maleta chea de contos, xunto a unha mesa preparada para converternos por uns intres en expertos cociñeiros. Todas as historias que escoitamos falaban de alimentos importantes para a nosa dieta porque todos eran “Contos a pedir de boca”. Que fame!
Deixamos as fotos da actividade e do traballo posterior na aula. Esperamos que vos gusten…
Ningún comentario:
Publicar un comentario