Este xoves 29 de maio puxemos o punto final por este curso á rolda dos xoves de aventura nos recreos. O remate puxérono dúas nenas de 3º de Primaria que leron o conto "Pilú, Pilú" acompañadas dun público entusiasta e unha morea de crocodilos "agachados" na lagoa para non nos dar moito medo. A posta en escea, como en ocasións anteriores, foi preparada pola profe do equipo de biblioteca que dirixe está actividade e estivo acorde co espíritu de fin de festa lectora. Deixámosvos aquí as ultimas fotos destas sesións por este curso e desexámosvos vervos na biblioteca tamén o curso vindeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario