“Europa á carta” foi o obradoiro
gastronómico-literario que fixeron os alumnos de 5º e 6º de primaria, dentro do
proxecto “Cociña de Contos”
Do bacalláu
à bras (Portugal)
ao pierogy(Polonia),
da panna cotta(Italia) aos
crêpres(Francia),
o gulasz(Polonia)
ao arroz con leite (España)... centos de variedades de queixos e embutidos...
Europa presenta unha ampla e variada oferta gastronómica en todos e cada un dos
seus países.
Coa finalidade de dar conta desta riqueza, neste obradoiro, realizamos
unha viaxe virtual pola gastronomía de cinco
países da Unión Europea (España, Portugal, Francia, Italia e Polonia),
empregando imaxes proxectadas, mapas e fotografías de comidas e alimentos,
observando os diferentes ingredientes,
pratos típicos, condimentos e, sobre todo,
reflexionamos sobre a importancia da gastronomía como aspecto de identidade propia
de cada cultura.
Ao culminar a viaxe, realizamos unha actividade por equipos, de composición artística a partir dos pratos e ingredientes que coñecimos na ruta.
Ao culminar a viaxe, realizamos unha actividade por equipos, de composición artística a partir dos pratos e ingredientes que coñecimos na ruta.
Dentro de cinco potas atopábanse imaxes cos pratos e nomes no idioma
correspondente para a elaboración dun
menú de restaurante. Cada equipo creamos dous pratos e postre. Puxemos un nome
ao noso establecemento e decoramos a carta de presentación. Aproveitamos para
repasar as capitais e bandeiras europeas e algún monumento importante do país
elexido.
Todos os menús tiñan moi bo
aspecto. O obradoiro abriunos o apetito e non
nós chegaba a hora para tomar o tentempé do recreo.
Ademais de divertirnos recibimos unha Despensa de contos,
unha biblioteca gastro-literaria que
incluía libros en catro idiomas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario