Tanto éxito ten o programa "Hoxe le..." que ten lugar nos recreos dos xoves dende o pasado outono (Xoves de outono, Xoves de aventuras) - ata agora protagonizado polos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria-, que os compañeiros doutros cursos xa cansaron de esperar a ser maiores e empezan a querer ler tamén eles.
Este pasado xoves foron dúas nenas de 2º de Primaria, Irene e Inés, as encargadas de lernos dous contos "Para nada sucias" e "999 ranas" e fixérono moi ben. Aqui tedes as fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario