xoves, 7 de abril de 2016

OS MOUCHIÑOS PIDEN AXUDA AOS PAIS E NAIS

Os proxectos saen mellor cando se comparten ideas. Daquela os mouchiños non dubidan e facer propostas nas que todos poidamos participar.Os nenos e nenas do cole están cumplindo pasiño a pasiño todo o que as mascotas da biblio nos van pedindo. Agora só faltaba que as familias tiveran a súa oportunidade de aportar algo tamén. O mes do libro e a exposición final do Proxecto documental semellaban ser as ocasións perfectas para que esta colaboración se volvera producir despois do éxito da recollida de arrolos do mes de Xaneiro. Esta foi a carta que chegou ás casas de todos nós e que xa está dando os seus froitos.



Así que se aínda non vos animastes, xa sabedes !!

venres, 1 de abril de 2016

MAPA DOS FAROS.2ª PARTE

Lista xa a información dos faros do 2º trimestre, colocamos para Colorín cada faro no mapa de Galicia que temos na entrada do cole.





xoves, 31 de marzo de 2016

OS MURAIS DO SEGUNDO TRIMESTRE XA ESTÁN LISTOS

Xa todos fixemos os nosos deberes e preparamos para Colorín toda a información que nos pediu. Podedes vela cando subades as escaleiras que van ao primeiro andar. Para más detalles ide o noso blogue especial no que pouquiño a pouco imos publicando todo.




domingo, 20 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

A fareira de Cabo Vilán foi unha das mulleres protagonistas do Día da muller traballadora e con ela tódalas outras mulleres que comparten  unha profesión tan especial. As aulas foran invitadas hai tempo por Colorín a pescudar na vida de Cristina Fernández e nós  adicámoslle unha das pestanas principais do blogue. 
Sabemos que algunhas  clases traballaron con ese material dentro do marco do noso Proxecto Documental deste curso. Xa nos contarán cando poidan o que puideron averiguar sobre a súa vida.

Por outra banda, no marco dos "Xoves de biblioteca" tamén quixemos achegarnos á figura de tres mulleres que por diferentes motivos destacaron na sociedade coas súas profesións. Tres contiños compuxeron unha serie de lecturas que nenos e nenas de 2º de Primaria contaron ao longo de 3 semanas nos recreos.
Os títulos da colección Pequeña & Grande foron : Audrey Hepburn, Frida Kahlo e Cocó Chanel. En canto teñamos as fotos subirémolas.





 

SEMANA DA PRENSA

 Vimos de celebrar ao longo destas dúas últimas semanas do trimestre  "A semana da Prensa" Unha oportunidade para acceder á información dende un punto de vista diferente, ó que aportan os xornais. Galicia, a súa xeografía e cultura, as novas das distintas bisbarras, anuncios en galego e para Galicia e mesmo o humor galego presente nos xornais de Galicia foron aspectos que estiveron presentes na exposición feita na entrada do cole.  












sábado, 5 de marzo de 2016

OUTRAS MOITAS MULLERES QUE QUEREN SER VISIBLES

Ainda que o tema do Proxecto documental deste curso fainos centrarnos nas mulleres fareiras e dos traballos asociados co mar non queremos deixar pasar esta celebración sen achegarvos as novas de outras moitas mulleres que desde distintos ámbitos están a facerse mais visibles. Premede nestasligazóns para ter mais información.

A LOITA NA CIENCIA

ALBUM DE MULLERES

RECURSOS PARA TRABALLAR O DÍA

LIM PARA INFANTIL E 1º DE PRIMARIA

xoves, 3 de marzo de 2016

TRES CONTACONTOS MAIS NESTE TRIMESTRE

As lecturas dos xoves na biblioteca seguen sucedéndose, ainda que non deamos conta semanal das mesmas. Tres contos máis viñeron a se engadir á longa listaxe do trimestre.
Á volta do Entroido foi a profe Pili a encargada de ler o conto "El señor tigre se vuelve salvaje"









O xoves seguinte coincidindo co día de Rosalía unhas nenas de 2º, Uxía e Inés, leron  "A toupeira Rosa". 

















"Lo que le dijo el ratón al topo" foi a terceira das lecturas das que falamos. Esta vez foi a quenda de dous nenos de 4º de Primaria.