Sabemos que algunhas clases traballaron con ese material dentro do marco do noso Proxecto Documental deste curso. Xa nos contarán cando poidan o que puideron averiguar sobre a súa vida.
Por outra banda, no marco dos "Xoves de biblioteca" tamén quixemos achegarnos á figura de tres mulleres que por diferentes motivos destacaron na sociedade coas súas profesións. Tres contiños compuxeron unha serie de lecturas que nenos e nenas de 2º de Primaria contaron ao longo de 3 semanas nos recreos.
Os títulos da colección Pequeña & Grande foron : Audrey Hepburn, Frida Kahlo e Cocó Chanel. En canto teñamos as fotos subirémolas.
Tres grandes mulleres, sen dúbida... cada cal no seu... Na casa coñecemos un chisco máis de Frida Kahlo e o seu fermoso legado artístico. Merecen ser homenaxeadas!
ResponderEliminar