sábado, 19 de xaneiro de 2013

luns, 14 de xaneiro de 2013

LEMBRANDO RECURSOS: DÚAS WEBS PARA O TRABALLO DA PAZ

Traémosvos ata aqui dúas webs que recollen as diversas temáticas e recursos para desenvolver actividades na aula que xiren ao redor da paz.

TICAMBIA

DATOS E DATAS


xoves, 3 de xaneiro de 2013

TEMPO DE REIS

Chegan os días  de Reis, os días mais bonitos do ano para os mais cativos  (e non tan cativos!) e por se algún neno despistado non escribiu ainda a súa carta ten o tempo xustiño para facelo e poñer un selo de ursente ben grande. Daquela, que mellor que facelo en galego!. Podedes descargar a carta que pon a nosa disposición a consellería,

 http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/carta_reis_magos.pdf

Veña, bulide!



PEIXIÑOS LECTORES: O LIBRO DOS REIS MAGOS

Fermosa e orixinal a iniciativa deste libro no que distintos escritores preparan os discursos dos Reis Magos neste vindeiro 5 de Xaneiro. Que non digan os Reis que non poden falarlle aos nenos galegos na súa propia lingua.




                                                            O LIBRO DOS REIS MAGOS


sábado, 22 de decembro de 2012

GUIA PRACTICA DA ENERXÍA EN GALEGO

Traémosvos ata aqui unha guía editada en galego polo INEGA instituto galego da enerxía  que inclúe un pequeno apartado sobre usos na escola e outra interesante información sobre o aforro enerxético
http://www.inega.es/descargas/publicacions/Guia_Practica_Aforro_Enerxia_2012.pdf

domingo, 16 de decembro de 2012

LIM SOBRE ENERXÍA EN GALEGO

Deixámosvos aquí un lim sobre enerxía para 6º de Primaria procedente do repositorio abalar
Olládeo xa que ten ideas exportables para outros ciclos

LIM  enerxía

xoves, 29 de novembro de 2012

30 DE NOVEMBRO.DIA DAS LIBRERIAS


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a distribuir ás librerías, con motivo da celebración do Día das Librerías,  o Calendario do Libro e da Lectura 2013, unha lámina coas datas conmemorativas do ano que vén arredor dos libros. Esta celebración é anual e coincide co ultimo día dos mes de novembro.
Con esta iniciativa, a Xunta de Galicia quere contribuír- segundo aclara na sua web- á difusión das principais efemérides relacionadas coa lectura e animar, ao mesmo tempo, á planificación de actuacións que promovan o interese polos libros e as nosas letras.
Nos deixamos aquí este calendario que nos pode servir de guía no noso traballo escolar, ademais dun listado cos futuros acontecementos destacados.

XANEIRO:   Centenario de Francisco Fernández del Riego, un dos principais promotores da escrita e edición de textos de autores galegos durante o franquismo desde a editorial Galaxia. 
FEBREIRO:  150 anos do nacemento de Manuel Lugrís Freire D, presidente da Real Academia Galega, .
MARZO:       Día Internacional da Poesía e o Día Mundial do Teatro
ABRIL           Día do libro e do libro infantil e xuvenil
MAIO            Día das Letras Galegas, data coincidente coa publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de castro, da que en 2013 se cumprirán 150 anos.O día está adicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
XULLO  50.º aniversario do pasamento do escritor Gonzalo López Abente.
No segundo semestre  Día Internacional dos Arquivos, 
                                   Día Internacional da Tradución, 
                                   Día da Biblioteca ou o propio 
                                   Día das Librerías,
DECEMBRO.  Día da Edición coincidindo co aniversario do nacemento do editor Ánxel Casal.

ENLACES PARA TRABALLAR A IGUALDADE DE XÉNERO


Deixamos aqui mais recursos literarios e didácticos para traballar a non discriminación nas nosas aulas

GUIA DE LECTURAS NON DISCRIMINATORIAS

RECURSOS PARA A IGUALDADE Escolma feita polos profes do cole Mestres Goldar

ENLACES PARA TRABALLAR OS DEREITOS DO NENO

Das nosas compañeiras e compañeiros do cole Mestres Goldar tomamos este recopilatorio de recursos para traballar estes días todo o relacionado cos dereitos da infancia e a igualdade. Graciñas polo voso traballo, esperamos pronto poder nós aportar recursos e enlaces para compartir con todos.

Recursos para os dereitos da infancia

xoves, 22 de novembro de 2012

LECTURAS PARA A IGUALDADE

Imos de conmemoración en conmemoración e daquela dímosvos que o 25 de Novembro e o día Internacional para a eliminación da violencia de xénero.
Nos xa nos estamos a poñe-las pilas e estamos a participar varios niveis do cole nuns obradoiros de igualdade dos que xa vos iremos dando conta.
De momento deixamosvos somentes unhas lecturas apropiadas para ir traballando o tema.

De novo a edtorial OQO achéganos estes contos para traballar xa desde idades ben temperás.
 OQO é consciente de que un dos xeitos de erradicar esta lacra
é insistir nunha educación baseada na igualdade e no respecto ao outro,
desde idades moi temperás, coma o fan estes contos:

Colección O (3 a 7 anos)








 







Colección Q (8 a 12 anos)





Tamén un grupo de mestres de pontevedra coa colaboura dun inspector territorial de educación está recopilando materiais e recursos neste novo blog

www.educandoenigualdade.wordpress.com