xoves, 29 de novembro de 2012
30 DE NOVEMBRO.DIA DAS LIBRERIAS
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a distribuir ás librerías, con motivo da celebración do Día das Librerías, o Calendario do Libro e da Lectura 2013, unha lámina coas datas conmemorativas do ano que vén arredor dos libros. Esta celebración é anual e coincide co ultimo día dos mes de novembro.
Con esta iniciativa, a Xunta de Galicia quere contribuír- segundo aclara na sua web- á difusión das principais efemérides relacionadas coa lectura e animar, ao mesmo tempo, á planificación de actuacións que promovan o interese polos libros e as nosas letras.
Nos deixamos aquí este calendario que nos pode servir de guía no noso traballo escolar, ademais dun listado cos futuros acontecementos destacados.
XANEIRO: Centenario de Francisco Fernández del Riego, un dos principais promotores da escrita e edición de textos de autores galegos durante o franquismo desde a editorial Galaxia.
FEBREIRO: 150 anos do nacemento de Manuel Lugrís Freire D, presidente da Real Academia Galega, .
MARZO: Día Internacional da Poesía e o Día Mundial do Teatro
ABRIL Día do libro e do libro infantil e xuvenil
MAIO Día das Letras Galegas, data coincidente coa publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de castro, da que en 2013 se cumprirán 150 anos.O día está adicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
XULLO 50.º aniversario do pasamento do escritor Gonzalo López Abente.
No segundo semestre Día Internacional dos Arquivos,
Día Internacional da Tradución,
Día da Biblioteca ou o propio
Día das Librerías,
DECEMBRO. Día da Edición coincidindo co aniversario do nacemento do editor Ánxel Casal.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario