EDUSOSTIBLES
sábado, 2 de decembro de 2023
RETO REUTILIZAMOS E DECORACIÓN DE NADAL. PARTICIPADES CONNOSCO?
venres, 1 de decembro de 2023
LECTURA COMPARTIDA NO NOSO PROXECTO
A árbore da escola foi o conto escollido este curso como eixo motivador para o noso proxecto. Despois dunhas semanas de espera por problemas técnicos puidemos escoitar dos compañeiros de 5º e 6º a preciosa e sostible mensaxe desta historia. Querendo vencellar as pescudas sobre as nosas árbores coas emocións, despois desta lectura cómpre escoller xa a árbore do noso xardín-bosque que imos apadriña. Habemos investigar sobre ela e sobre todo agarimala cos mellores coidados.
Candela e Sara de 5º de primaria, en infantil, organizaron unha sesión especial, no peche desta semana lectora e aproveitaron para explicarlle ós cativos as partes máis importantes das árbores e a chea de usos e emocións que nos ofrecen. Ademais durante uns minutos déronnos a man e leváronnos ata o reino da maxia invitándonos a imaxinar impresionantes árbores con froitos especiais. Sara e Alana debuxaron unha árbore de gatos e outra de xeados. Tódolos pequechiños quixeron canda elas participar e contarnos as árbores máxicas que lles viñan a imaxinación.
domingo, 26 de novembro de 2023
PDI E #RETO INVESTIGA NO MES DA CIENCIA
A posta en marcha, neste curso, das tarefas do noso PDI anual xúntase co Mes da Ciencia. Aproveitamos para amosa-los nosos traballiños tamén baixo o hastag Reto investiga. As nosas liñas de traballo Monte vivo, Innova, Edusostibilidade, Emociónate e Voz natura están presentes este curso no desenvolvemento do Plambe e no Proxecto "Somos aire.Somos bosque. Ecososistemas no párroco" unha ollada científico-emocional á natureza e á nosa propia contorna.
sábado, 25 de novembro de 2023
GUAPA E OUTRAS ACTIVIDADES NO 25N
Dentro das actividades adicadas a traballar a violencia de xénero no 25 de novembro Guapa foi o conto escollido para os debates e actividades arredor deste tema, tendo a autoestima como valor fundamental na prevención e loita contra a violencia que afecta ás mulleres. Estes días e durante todo o curso haberá moitos debates e propostas para seguir este traballo. Educarmos persoas, homes e mulleres, con carácter e valores moi claros respecto da igualdade e a tolerancia irá pondo ladrillos firmes na construción dunha sociedade sen violencia sexista, na valoración e aceptación de nós mesmos e dos outros.
A variña máxica da bruxa sérvelle para transformarse ó seu antollo, seguindo os consellos de personaxes que non a queren ben. Nós fixemo-la variña para aprender a distinguir esas persoas "tóxicas" que queren mudarnos para manexarnos e facernos mal.
Ao mesmo tempo os maiores traballaron arredor da linguaxe debatendo e tamén confrontando palabras positivas e negativas nuns estupendos "pasapalabras" contra a violencia.
Ao longo do trimestre o obradoiro de Mullereandum contribuiu co seu traballo nos 6 cursos de primaria a falar e vivenciar valores positivos nas relacións entre todos. Tedes os vídeos nesta ligazón
venres, 24 de novembro de 2023
domingo, 19 de novembro de 2023
O CONTO DE ÁNGEL
Ángel é o primeiro pequeno de 4 anos que nos vai agasallar coa lectura dun dos seus contos preferidos. Que ben! Así da gusto.
mércores, 15 de novembro de 2023
CONTOS PARA OS PEQUENOS
AS CARPETAS COAS TAREFAS CHEGAN ÁS AULAS
Despois de moito tempo agardando que a chuvia dese acougo, puidemos rematar de preparar as árbores do patio para as primeiras pescudas e enviar as carpetas ás aulas coas tarefas da primeira parte do noso PDI. Agora a traballar!
domingo, 12 de novembro de 2023
COMEZAMOS A CAMIÑAR NO NOSO PDI
Levamos tempo facendo os preparativos e agardando que o tempo mellore para dar comezo oficial ó noso PDI.
mércores, 1 de novembro de 2023
EXPOSICIÓN DE CABAZAS E FESTA DO SAMAÍN
Tivemos a sorte de que todos vós, as familias do no noso cole, respondendo á nosa petición, enviastes unhas abraiantes cabazas baixo o lema do noso PDI . A nosa entrada encheuse coas vosas creacións enmarcadas polos estupendos murais feitos en Arts e nas distintas aulas.
Durante toda a semana as aulas buliron preparando tradicións e festa de Samaín: contos, manualidades, obradoiros de papiroflexia, baleirado de cabazas,obradoiros de luz e medo,...un mundo de diversión.

.jpeg)
.jpeg)




.jpeg)










