...peóns ao camiño". Xa sabedes que a biblio tiña un reto de invención e feitura reciclada de peóns ou buxainas. Hoxe, San Martiño é o día propio de facelos bailar. Daquela, onte véspera do día, os nenos e nenas de 4º baixaron a infantil a facer unha demostración de como bailaban as buxainas que "pensaron" e fixeron con materiais diversos, entre eles as pezas de lego. Foi algo estupendo para os cativos e tamén para os maiores protagonistas. Aquí podedes velos. De certo que estas non serán as únicas buxainas que vexamos...outros xa se están poñendo as pilas!!
venres, 11 de novembro de 2022
LEOTOLDA E LUZ NEGRA
Durante estas dúas semanas os nenos e nenas de infantil e 1º de primaria fomos á biblioteca a xogar coa luz negra e gozar coa nosa amiga Leotolda. Na especial atmosfera que dá esta luz, e sen os medos que pasamos polo Samaín, puidemos debuxar, inventar mil e unha cousas e tamén escoitar e "ollar" a historia desta personaxe creada por Olga de Dios.
Deixámosvos ver algunhas fotos
xoves, 10 de novembro de 2022
COÑECEMOS O PAÍS DA NOSA AUXILIAR DE CONVERSA
A nosa auxiliar de conversa, Adriana, fixo unha presentación para explicárlle a tódolos nenos e nenas como é o seu país. De seguido podedes velos.
2º de primaria
3º primaria
5º primaria
3º primaria
domingo, 6 de novembro de 2022
LOBOFEROZ...COMPARTINDO LECTURAS
Os animadores Alba e Eloi comezaron en 1º unha rolda de sesións de animación coas aulas dos máis pequenos do centro. Todos gozaron unha chea da experiencia: os lectores e os "escoitadores".
Uns días despois foi a quenda dos nenos e nenas de infantil que tamén gozaron unha chea con este conto
HOXE LÉ...COMEZOU A ANIMACIÓN NOS RECREOS
Comezou xa a animación lectora nos recreos dos xoves.
Alba e Eloi de 6º de primaria encargáronse de inaugurar a actividade co conto Loboferoz, co teatriño de monicreques. Inés e Telmo leron o xoves 3 de novembro Cuando me convertí en lobo. Unha marabilla poder ter estes contacontos tan bós na nosa biblioteca!.
Loboferoz.-
Cuando me convertí en lobo
METIDOS EN FARIÑA E BAILARETES
Velaí ven o magosto! e na nosa biblio seguen as actividades. Despois de recibir varias receitas superriquísimas feitas con cabaza, agora é a quenda da castaña. A castaña sempre ten sido un alimento moi importante en Galicia. Daquela se ollades no baúl das avóas e bisavóas, de certo que atoparedes algunha receita interesante que probar. Animádeos e enviádenos foto ou vídeo. e non ten que ser unha sobremesa!
![]() |
| Por San Martiño trompos ao camiño! |
Por outra banda nas aulas temos un reto arredor dos trompos, pións, buxainas ou bailaretes, tamén moi tradicionais neste tempo. Proba delo é a morea de palabras coas que se coñece este xoguete.As familias tamén podedes participar contruíndo unha buxaina con material de refugallo ou da natureza. Animádevos tamén e enviade unha foto ou vídeo de demostración de como o fixestes e como funciona. Non fai falla que teña corda como o tradicional. Abonda con que dea moitas voltas!
Aquí podedes ver un vídeo cos elementos que nos agasalla o outono. E outro con material de refugallo, pero hai moitas máis ideas interesantes!.
domingo, 30 de outubro de 2022
XA ESTÁ AQUÍ...A PRESENTACIÓN DAS VOSAS CABAZAS!!!
Deixamos aquí a presentación feita coas cabazas da exposición e as receitas enviadas para que poidades velas de vagariño. Se deixamos algunha atrás, avisade. Incorporarémolas enseguidiña!
Unha vez máis, moitas grazas por participar. De certo que gozastes en familia e nós convosco!!!
RECEITA EN FAMILIA: AS CHULAS DE LOIS
As chulas de cabaza de Lois (ou de Pilar?) teñen moi boa pinta. Lois observou moi atentamente a receita mentres a fixemos no cole e tanto lle gustou remexer e papar as riquísimas chulas de cabaza que quixo facelas el soiño na casa. Puxo o mandíl e foi facendo todo pasiño a pasiño ata rematar...Mirade que boa pinta ten esta receita tan saudable e sostible!!
sábado, 29 de outubro de 2022
FESTA DE SAMAÍN E OBRADOIROS
Ademais da exposición e outras actividades que se desenvolveron durante a semana, celebrámo-lo Samaín indo de festa. O noso cole encheuse dende primeiriña hora da mañá de bruxas, vampiros, demos, esqueletes e outros moitos desfraces arrepiantes. Houbo medos, sustos e risas, cancións, bailes, merendolas, pelis e xogos en galego e máis en inglés. Ademais os nenos e nenas de infantil recuperaron os seus obradoiros tradicionais compartindo entre as tres aulas intres de sorpresas e entretementos.
FESTA 1ª PART
venres, 28 de outubro de 2022
EXPOCABAZAS COCIÑEIRAS
Chegou o venres de Samaín e rematamos a exposición de cabazas cociñeiras. Baixo o lema de Arrepío na cociña foron moitas as familias que nos enviastes a vosa creación cabaceira. Como sucede nunha exposición tan dinámica que día a día, ata hoxe mesmo, ía incorporando novas cabazas, foi dificil facer a foto nun intre no que estivesen xa todas. Aínda así queremos amosarvos o aspecto que durante toda a semana tivo o noso corredor. Faremos con máis calma unha presentación para que poidades ver unha a unha cada unha das cabazas enviadas, tamén as que enviastes hoxe. A ver se non deixamos ningunha atrás!.
Grazas a todos e todas pola vosa participación, coma sempre impresionante. Entre todos temos axudado a que todos aprendésemos e gozásemos máis desta festa. E xa sabedes seguimos a traballar e enseguidiña vos pediremos máis cousiñas.
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)


.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)








