mércores, 1 de maio de 2019

LEMBRANDO...24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

Celebramos o día de Rosalía lembrando a súa figura literaria a través dun marcapáxinas que todos decoramos e levamos para as casas. A faciana de Rosalía foi traballada en moitas das aulas e mesmo os cativos de infantil atrevéronse a facela en volume e con papel de periódico. Como os pequeniños tamén quixeron axudar, o traballo ainda está por rematar, pero seguro que dentro de nadiña todo o cole poderá admirar a súa obra escultórica (a dos pequenos).

Por outra banda respondendo á chamada da AELG (asociación de escritores en lingua galega) fixemos estas propostas ás aulas para desenvolver a figura de Rosalía en relación a semana da prensa.

-A denuncia social de Rosalía. Procura de versos nos que a autora denuncia diferentes situacións que atinxen á sociedade da súa época e que seguen a estar moi de actualidade.
-    Procura de textos periodísticos actuais nos que se denuncian as mesmas situacións. Podemos elaborar carteis nos que aparezan conxuntamente os versos de Rosalía e mailas novas da prensa e “soltalos” tamén nas paredes do cole o 22 de Marzo.
Estas son algunhas das cousiñas que encheron os corredores.
























LEMBRANDO...O PLANETARIO

Como complemento á nosa pescuda sobre o universo e mailo traballo sobre a lúa, visitou o noso cole un planetario móbil que constituiu toda unha experiencia para pequenos e maiores. A ningúen lle resultou indiferente e durante moitos días todos agardaban  (e agardabamos) con impaciencia poder repetir a viaxe polo espacio... mágoa que só puidemos facelo unha vez cada un. Tódolos cursos foron pasando en diversas quendas. Mágoa tamén os que eses días non puideron vir ao cole.
Fotos non hai moitas pola dificultade de facelas nun espacio complementamente escuro...era moito máis importante poder desfrutar da visión do universo.!!. A vós só vos queda imaxinalo.








LEMBRANDO O SEGUNDO TRIMESTRE...TRABALLO DOCUMENTAL SOBRE O UNIVERSO

Xa sabedes que neste curso fomos á lúa porque dentro do PDI do 50 aniversario do cole, traballamos tamén os outros aniversarios que van da man co noso. A chegada á lúa por parte do "home" foi un dos portos nos que atracamos e traballamos nas aulas, dende infantil ata 6º de Primaria. Ademais de contos adicados á lua nas biblioitecas de aula e nos expositores da biblioteca foron moitos os cursos que afondaron na lúa e nos temas que xiran arredor dela e da súa conquista. Estes son algúns dos contos contados e dos murais que sairon ás portas das aulas.

















LEMBRANDO O SEGUNDO TRIMESTRE: UN PUNTIÑO NO UNIVERSO

Unhas circunstancias e outras fixeron que non puideramos actualizar este blog segundo ía pasando o trimestre; daquela, imos agora a iniciar un percorrido polas cousiñas que tiñamos que ter contado...comezamos!!

O trimestre iniciouse coa preparación do noso traballo de Xeolocalización. Dentro do PDI Párroco 5.0. , coñecernos, saber onde estamos, de onde vimos e tamén onde imos é un dos obxectivos básicos. Tódalas aulas traballaron na localización do cole, aprendendo a usar o Google earth para poñer en relación o que coñecemos coa nosa pertenza a entes cada vez máis globalizadores. Quixemos vernos a nós mesmos en relación o que nos constitúe...e descubrimos que somos cidadáns dun planeta que non está só no universo. Dentro do planeta descubrimos as nosas referencias...o continente no que se sitúa  o noso entorno, o pais, a comunidade autónoma, a provincia, o concello, a parroquia, o lugar...as nosas coordenadas. Os pequenos axudáronnos tamén nesta tarefa: leváronnos  a ver o cole por dentro e por fora.
"Un puntiño no universo" é o título que o dí todo sobre esta interesante actividade. Vós tedes o resultado nas escaleiras. Ainda que coma sempre vos decimos, o máis importante é o proceso.