xoves, 6 de febreiro de 2014

O MOUCHIÑO DE XANEIRO DESPÍDESE

Rematado o mes de Xaneiro vimos de despedir ó mouchiño Copo que nos acompañou na bilioteca durante todo o mes. Non queremos dar fin ó seu reinado sen que coñezades todo o traballo que fixeron os nenos e nenas de 2º de Primaria para que lles quedara así de bonito. Tamén podemos desfrutar dos poemas que con moito esforzo lle adicaron.


Eles mesmos cóntanolo AQUÍ














sábado, 1 de febreiro de 2014

DIA DA PAZ COMPARTIDO E NOVO CONTACONTOS NO RECREO

O xoves 30 de Xaneiro foi un día moi completo. Primeiro tivemos a oportunidade de asistir á presentación dun powerpoint sobre Nelson Mandela, lido e explicado polos nosos compañeiros de 4º, 5º e 6º de Primaria.


Despois completamos o mural que fomos construindo entre todos ao longo da semana coas nosas pombas da paz.





 Na hora do recreo nova sesión da Raíña Trotamundos a cargo de Emmanuel e Cándido coa lectura de LA REINA TROTAMUNDOS EN ECUADOR e a correspondente presentación dixital.














CINE DA PAZ

Ademais das  outras cousiñas programadas na semana da paz -que de seguido vos contaremos- o martes  28  iniciamos a primeira das dúas sesión de "cortos pola paz" coa que pretendemos que a reflexión sobre a paz vaia da man da canle coa  a que mellor se relacionan os nenos nestas idades, a canle audiovisual. Nesta primeira sesión proxectaronse tres curtas de fábulas de disney:

-Ferdinando el Toro.
-Lambert, el león.
-Los tres cerditos.


Tamén os nenos de infantil desfrutaron, ainda que nunha sesión aparte -da que non temos fotos- das mesmas curtas, que tiveron moito éxito entre os cativos.
   a ver que nos ofrecen na vindeira sesión¡














UNHA NOVA LECTURA DA "REINA TROTAMUNDOS"

O xoves 23 de xaneiro tivo lugar a segunda sesión dos xoves da  raíña Trotamundos. Desta volta  foron Mamor e Mario da clase de 5º de Primaria os encargados de le-lo conto LA REINA TROTAMUNDOS EN RUSIA co apoio dunha nova presentación dixital, que tamén vos deixamos aquí.


sábado, 25 de xaneiro de 2014

NO SEGUNDO TRIMESTRE COMEZAMOS COA COLECCIÓN "LA REINA TROTAMUNDOS"

As sesións de lectura no recreo no segundo trimestre comezaron ao volver das vacacións coa lectura de "la reina trotamundos en Marruecos" lido por Brais do 6º curso de Primaria. A súa lectura foi apoiada dixitalmente por un powerpoint que recollía imaxes das cousas mais caracteristicas da cultura marroquí e que axudou a todos a coñecer mais cousas sobre esta zona do planeta.












2ª SESION DOS XOVES DE OUTONO


Antes de comezar a dar conta das novas sesións dos xoves de aventuras na biblioteca deixamos aquí unha vella entrada que quedou sen publicar da segunda sesión dos xoves de outono do primeiro trimestre.
O xoves 17 de Outubro dúas compañeiras leron na biblioteca  o conto "Pequeña Quiché "
Este é o documento gráfico





CONTAMOS MOITO 1º TRIMESTRE

Como todos sabedes "Contamos moito" é un proxecto que levamos adiante en Infantil dende hai xa moitos anos. Pretendemos facer da lectura un desfrute compartido cos nosos compañeiros de ciclo e que os contos contados dean pe a un traballo tamén compartido sobre o conto, case sempre a nivel lectoescritor e plástico.
Este curso desenvolvendo o noso primeiro Plambe tamén queremos ir xuntos á bilioteca e daquela neste trimestre temos disfrutado de dúas sesións. Ámbalas dúas compartidas cos nosos compañeiros de primaria. No mes de Outubro foron os amigos de 4º de Primaria quen representaron o conto "Corre, corre cabaciña" coa técnica de teatro de sombras. E fixérono moi moi ben. Nunha segunda sesión do conto tamén poideron desfrutar da representación os outros cursos de Primaria. Podedes ve-las fotos no blog de infantil e no de dinamización. Despois desto todo infantil adicou as sesións de psicomotricidade a coñecer e traballar corporal e musicalmente o conto. Este foi o noso traballo compartido. Podedes ve-las fotos no blog de infantil.
 Agora antes de acaba-lo trimestre vimos de ser nos quen invitou aos de primeiro ciclo de Primaria a escoitar un conto contado por Paloma, profe de infantil. O conto "O homiño de mazapan", ademais da boa lectura da profe que nos tivo pendente de toda a trama, tamén incluiu unha degustación deste doce de nadal que apareceu máxicamente no forno do avóa.


domingo, 19 de xaneiro de 2014

MOUCHO DE NADAL

O mes de Nadal trouxo tamén  á nosa biblioteca un novo moucho protagonista. Da súa feitura  encargáronse os nenos e nenas de 4º de Primaria.
Cando chegou o día de entronizalo démonos de conta de que non ían caber tódolos mouchos no recuncho que lle estabamos a reservar. Daquela tivemos que facer un cambio de emplazamento e decidimos penduralos do teito e das paredes de diante dunha das vellas fiestras para darlles unha nova faciana.  Desfrutade do traballo dos nosos compañeiros.





OS DERRADEIROS XOVES DE OUTONO DO 1º TRIMESTRE

Imos un pouqueniño atrasados dándovos conta das actividades na biblioteca, pero non importa. O que importa é que imos dando pasiños seguros e firmes no desenvolvemento do hábito lector  e levando adiante este noso primeiro ano como membros do Plambe.
Antes de que rematara o primeiro trimestre disfrutamos de dúas novas sesións do programa de animación lectora na hora do recreo que chamamos Xoves de Outono.
Na primeira sesión foron as nenas de 5º de Primaria Marta e Nerea as que leron para os seus compañeiros o libro "Pequeno Inuit".




Na seguinte sesión o xoves 19 de decembro o conto tivo por vez primeira no trimestre apoio dixital para presentar o libro "De cómo nació la piñata" un conto de nadal que nos presenta esta celebración en México. 
O conto foi presentado pola profe Pili e a sesión estivo moi animada de público.







luns, 13 de xaneiro de 2014

TÉCNICAS DE ESTUDO

Os rapaces de 5º e 6º de Primaria seguiron durante todo o curso o decálogo do bó estudante. Unha serie de normas a seguir á hora de estudar eficazmente elaboradas e presentadas polo Departamento de Orientación.