Para rematar os contacontos por este trimestre e ano e coa temática do nadal propia destas datas achégamonos o pasado día 18 de Decembro ao conto ¿QUIÉN ES PAPA NOEL? lido co apoio dixital dun powerpoint feito dende a biblioteca para a ocasión. Deixámosvos aquí as fotos e un enlace ao powerpoint. Agardamos que o vindeiro sexa igualmente propicio en boas lecturas e en voluntarios lectores e lectoras.!
Antón O Apalpador é o conto que chegou ás lecturas dos xoves este pasado 12 de Decembro. O segundo da serie de 3 contos que se van ler neste Nadal. Iria e Alba de 6º de Primaria foron as nenas lectoras que nos fixeron desfrutar con este "clásico".
Este xoves pasado na biblioteca desfrutamos dun contacontos moi especial, xa con moito sabor a Nadal.
"Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de Reis" achéganos a ese momento máxico que os nenos agardan ilusionados, pero que tamén esperta os seus medos. Alex e Yasmine de 6º de primaria foron os encargados de lernos esta delicia de conto. Védelos aquí