Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas 2022. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas 2022. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de maio de 2022

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Hoxe é o Día, aínda que xa hai moito tempo que as institucións e os coles andamos na tarefa de coñecer o escritor ao que se lle adica o Día neste curso.

 E vós? Sabedes quen é Florencio Delgado? Foi un poeta que naceu en Córgomo, nas terras de Valdeorras. Na súa obra cantou as louvanzas de Galicia e defendeu a nosa lingua e cultura. 

 Achegádevos hoxe a el a través da música. Son moitos os músicos e cantantes que lles poñen voz e son ás composicións de don Florencio. Os de infantil bailamos arredor do maio o poema que fixo para este primaveral mes. 

 Podedes coñecer a súa vida e ler moitos poemas na nosa aula virtual e no blog Fonte dos frades. Velaquí (Salve!) vos deixamos unha das poesías que mellor acae no día de hoxe.