O alumnado de 4º ten claro que se aprende mellor facendo e tendo experiencias positivas. Desta maneira, xurdiu a idea de formar 5 partidos políticos para poder comprender mellor como é e como funciona a organización política do noso país.
Fixemos todo o proceso, dende o rexistro do partido co nome, logo e lista de persoas que o forman ata a celebración das eleccións, con urna oficial incluida!
Falando cos outros alumnos e alumnas, profes e familias, elaboramos cadanseu programa electoral con propostas para mellorar a convivencia e a aprendizaxe no Párroco. Este foi presentado e compartido durante a campaña electoral para que a comunidade tivera oportunidade de escoitar as propostas e elixir a quen votaría.
Despois de tanto traballo, fixamos data para as votacións, elaboramos o censo (coas profes e alumnos doutras clases) e recontamos os votos.
Un gran proxecto que, ademais de facilitarnos o estudo en ciencias sociais, permitiu presentar propostas que mellorarán ao centro!
Cantas boas ideas hai nesas cabezas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario