Ademais das moitas experiencias e emocións vividas na nosa contorna reforestando, apadriñando, sementando, coidando, observando, experimentando, pensando... pasamos o curso nas aulas pescudando a información sobre as nosas árbores preferidas e compoñendo o traballo final, que non o único. Estes días atrás o corredor da entrada encheuse cos traballos das aulas. En cada un deles puidemos informarnos das orixes das árbores do noso patio, as súas características, o paso das estacións por eles, as súas medidas...un mundo de datos interesantes. Noutra entrada imos amosarvos eses libros. Agora amosámosvos fotos dalgunhas aulas enleadas nestes trebellos documentais.
2º
6º
5 anos
Ningún comentario:
Publicar un comentario