2º de primaria e 4º compartiron o luns a súa primeira experiencia de lectura en grupo deste curso. Tras deles viñeron tódolos compañeiros das outras aulas. Toda a semana a biblioteca estivo chea de lectores que puxeron a súa voz ós contos de medo propios deste tempo, facendo da lectura unha ledicia para os máis pequenos. Contos lidos, representados con monicreques e feitos teatro... un festival de contadores de contos cun mundo de ganas de contar!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario