sábado, 23 de decembro de 2023

o acivro de nadal

 O acivro de nadal acompaña nesta celebración as dúas árbores de outono que xa poboaban a nosa fraga galega. Canda todas elas o pequeno bosque de arboriñas #reutiliza que as aulas e familias aquelaron para a nosa exposición











A VISITA DE PAPÁ NOEL

 Despois de moito preparar a chegada de Papá Noel e escribirlle tamén as nosas cartas ós Reis Magos, chegou o día de estar con el e darlle, os máis atrevidos, unha aperta. Algúns foron quen de cambiar unhas palabras con el; os que non, fixeron a foto e recolleron un primeiro agasallo de Nadal. Que ben o pasamos!






CONTACONTOS NO REMATE DO TRIMESTRE

 As contadoras de infantil, Lara e Candela, quixeron rematar o trimestre contando un conto para os peques, Unha carta para Papá Noel. Mentres agardabamos o intre no que achegarnos a Papá Noel foi un bo xeito de pasa-lo tempo.









MES DA CIENCIA EN 3º PRIMARIA.

 

venres, 15 de decembro de 2023

NOVO CONTO NA RADIO

 Eva de 4 anos achegouse á radio para contar o conto A casa da mosca chosca, un dos seus preferidos. Fíxoo de marabilla!


mércores, 6 de decembro de 2023

EN PRIMEIRO ADIANTÁRONSE NA PARTICIPACIÓN

 A aula de primeiro loce e goza desta estupenda decoración feita polas familias con materiais reutilizados e reciclados.  Eles adiantaron a súa participación no coidado do planeta e levan días cos seus estupendo adornos. Que siga a festa!




martes, 5 de decembro de 2023

O PRIMEIRO ADORNO DENDE AS CASAS

 Eiden, de 6º de primaria, amósanos a coroa de nadal que fixo reutilizando pólas das árbores. Unha estupenda estrea do noso reto #reutilizamos e moi ben aquelado co noso PDI adicado ós bosques.



venres, 1 de decembro de 2023

LECTURA COMPARTIDA NO NOSO PROXECTO

 A árbore da escola foi o conto escollido este curso como eixo motivador para o noso proxecto. Despois dunhas semanas de espera por problemas técnicos puidemos escoitar dos compañeiros de 5º e 6º a preciosa e sostible mensaxe desta historia. Querendo vencellar as pescudas sobre as nosas árbores coas emocións, despois desta lectura cómpre escoller xa a árbore do noso xardín-bosque que imos apadriña. Habemos investigar sobre ela e sobre todo agarimala cos mellores coidados.

Candela e Sara de 5º de primaria, en infantil, organizaron unha sesión especial, no peche desta semana lectora e aproveitaron para explicarlle ós cativos as partes máis importantes das árbores e a chea de usos e emocións que nos ofrecen. Ademais durante uns minutos déronnos a man e leváronnos ata o reino da maxia invitándonos a imaxinar impresionantes árbores con froitos especiais. Sara e Alana debuxaron unha árbore de gatos e outra de xeados. Tódolos pequechiños quixeron canda elas participar e contarnos as árbores máxicas que lles viñan a imaxinación.



domingo, 26 de novembro de 2023

PDI E #RETO INVESTIGA NO MES DA CIENCIA

 A posta en marcha, neste curso, das tarefas do noso PDI anual xúntase co Mes da Ciencia. Aproveitamos para amosa-los nosos traballiños tamén baixo o hastag Reto investiga.  As nosas liñas de traballo Monte vivo, Innova, Edusostibilidade, Emociónate e Voz natura están presentes este curso no desenvolvemento do Plambe e no Proxecto "Somos aire.Somos bosque. Ecososistemas no párroco" unha ollada científico-emocional á natureza e á nosa propia contorna.

sábado, 25 de novembro de 2023

GUAPA E OUTRAS ACTIVIDADES NO 25N

 Dentro das actividades adicadas a traballar a violencia de xénero no 25 de novembro Guapa foi o conto escollido para os debates e actividades arredor deste tema, tendo a autoestima como valor fundamental na prevención e loita contra a violencia que afecta ás mulleres. Estes días e durante todo o curso haberá moitos debates e propostas para seguir este traballo. Educarmos persoas, homes e mulleres, con carácter e valores moi claros respecto da igualdade e a tolerancia irá pondo ladrillos firmes na construción dunha sociedade sen violencia sexista, na valoración e aceptación de nós mesmos e dos outros.


A variña máxica da bruxa sérvelle para transformarse ó seu antollo, seguindo os consellos de personaxes que non a queren ben. Nós fixemo-la variña para aprender a distinguir esas persoas "tóxicas" que queren mudarnos para manexarnos e facernos mal. 








Ao mesmo tempo os maiores traballaron arredor da linguaxe debatendo e tamén confrontando palabras positivas e negativas nuns estupendos "pasapalabras" contra a violencia.





Ao longo do trimestre o obradoiro de Mullereandum contribuiu co seu traballo nos 6 cursos de primaria a falar e vivenciar valores positivos nas relacións entre todos. Tedes os vídeos nesta ligazón

domingo, 19 de novembro de 2023

O CONTO DE ÁNGEL

 Ángel é o primeiro pequeno de 4 anos que nos vai agasallar coa lectura dun dos seus contos preferidos. Que ben! Así da gusto.

mércores, 15 de novembro de 2023

CONTOS PARA OS PEQUENOS

Dúas nenas de 5º de primaria, Candela e Lara,  convertíronse en contacontos o pasado venres e agasallaron ós peques de infantil coa lectura de dous preciosos contos. Todos, pequenos e grandes, escoitaron con atención e estiveron encantados deste agasallo. Que sorte tivemos de contar con elas!

AS CARPETAS COAS TAREFAS CHEGAN ÁS AULAS

 Despois de moito tempo agardando que a chuvia dese acougo, puidemos rematar de preparar as árbores do patio para as primeiras pescudas e enviar as carpetas ás aulas coas tarefas da primeira parte do noso PDI. Agora a traballar!





domingo, 12 de novembro de 2023

COMEZAMOS A CAMIÑAR NO NOSO PDI

 Levamos tempo facendo os preparativos e agardando que o tempo mellore para dar comezo oficial ó noso PDI. 


Os nenos de infantil son os primeiros en traballar sobre o terreo preparando estes primeiros pasos no traballo documental no noso patio-bosque. Celebrando o Día da mundial da protección da natureza xa desenvolveron actividades variadas de coidado e coñecemento da nosa contorna máis próxima. Agora  traballan no patio colocando os números das árbores que nos van servir de guía no xogo.

mércores, 1 de novembro de 2023

EXPOSICIÓN DE CABAZAS E FESTA DO SAMAÍN

 Tivemos a sorte de que todos vós, as familias do no noso cole, respondendo á nosa petición, enviastes unhas abraiantes cabazas baixo o lema do noso PDI . A nosa entrada encheuse coas vosas creacións enmarcadas polos estupendos murais feitos en Arts e nas distintas aulas. 


Durante toda a semana as aulas buliron preparando tradicións e festa de Samaín: contos, manualidades, obradoiros de papiroflexia, baleirado de cabazas,obradoiros de luz e medo,...un mundo de diversión.



xoves, 26 de outubro de 2023

NA SEMANA DAS BIBLIOTECAS...LECTURAS COMPARTIDAS.

 2º de primaria e 4º compartiron o luns  a súa primeira experiencia de lectura en grupo deste curso. Tras deles viñeron tódolos compañeiros das outras aulas. Toda a semana a biblioteca estivo chea de lectores que puxeron a súa voz ós contos de medo propios deste tempo, facendo da lectura unha ledicia para os máis pequenos. Contos lidos, representados con monicreques  e feitos teatro... un festival de contadores de contos cun mundo de ganas de contar!!! 




domingo, 22 de outubro de 2023

EN INFANTIL, PROTEXEMO-LO NOSO

Os pequenos vamos con toda na protección da natureza e da nosa contorna. Durante todo o trimestre imos traballar para vivir e coñecer mellor o noso medio. No mes de outubro emociónamonos e aprendemos unha chea de cousas no noso patio-xardín-bosque, observando ademais o cambio de estación. Tamén celebramos as festas desta época pegadiños ós froitos da terra.

 Premede na imaxe para ver algunhas das cousas que fixemos.


luns, 16 de outubro de 2023

NOVO CURSO E XA EN OUTUBRO...

 Coma adoita ser, no mes de outubro a nosa biblioteca comeza unha nova andaina. Xa hai varias semanas que estamos abertos no recreo para pasar o lecer lendo ou xogando, con moita asistencia e peticións de lectura. Enseguidiña darán comezo os obradoiros, dos que iremos dando conta: o primeiro deles o de cosido e gancho, tan agardado por moitos e moitas!.

Os expositores vánse enchendo pouco a pouco; xa comezaron as actividades complementarias e os préstamos e lecturas na sala das diferentes aulas.  A radio está lista para empezar a emitir e  o Proxecto anual preparado...  A semana vindeira, co Día das bibliotecas e as lecturas compartidas, inauguraremos oficialmente as actividades e despois xa será un non parar!. Daquela, adiante e boas lecturas e aprendizaxe tamén neste curso!

Hoxe Día das escritoras engadimos a Ánxeles Ferrer e mais a Irene Pérez Pintos a listaxe de autoras que destacamos. Moitos dos seus contos van ser protagonistas das actividades que ao longo do curso iremos debullando. No seu día especial, o primeiro que toca é lembrar quen son; algunhas das súas historias témolas na biblio e xa están no andel especial desta efeméride. Con esta presentación lembrámolas a elas e as autoras de anos pasados.

martes, 4 de xullo de 2023

AS RECEITAS RECOLLIDAS NO PDI

 Procuramos a alimentación sa e como bos cociñeiros fomos recollendo receitas das familias. Aqui tedes unha presentación coas que recollemos en galego, castelán e inglés


luns, 3 de xullo de 2023

LEMBRANDO: 4º e a ciencia

 Son moitas as actividades científicas que estes nenos e nenas desenvolveron durante o curso, ademais de todo o traballo que fixeron para o PDI. Estas son algunhas delas.

No mes de Xaneiro e aproveitando a temática do PDI de coidado do planeta pescudaron nos seus problemas, ao tempo que lían o libro do proxecto "Patios verdes, residuos cero" Non é máis ca un.





Tamén fixeron unhas pescudas sobre inventos e inventores








LEMBRANDO: STEM EN PRIMEIRO

 Os nenos e nenas de 1º pasaron todo o curso atarefados nos seus proxectos STEM. Distintos materiais de elaboración propia, xogos de prirámides alimentarias, taboleiro robótico adicado as froitas e froitos, tarxetas de peixes e mariscos, traballo no recucnho STEM con legos, imáns, mesa de luz, engranaxes... todo un ano de ciencia en acción, alimentación saudable e traballo do pensamento científico.




LEMBRANDO: OBRADOIRO DE ESCRITA EN INFANTIL. NADAL