Este curso imos dar voltas arredor da alimentación sostible para a nosa saúde e para o noso planeta. Antes de meternos a pescudar sobre os xeitos mellores de vivir e consumir sen facer dano á terra e mellorar porén a vida de tódalas persoas que vivimos nela, imos mirar ao noso propio patio e a nosa bolsa da merenda da man de Mori, unha gaivota moi lambona e mirada que ideou o Hematocrítico, autor que xa pasou pola nosa biblioteca presentando outras creacións de seu.
Este interesante conto foi contado estes días polos nenos de 5º e 6º de primaria que foron pasando polas aulas na hora de ler e presentando a tódolos cativos a "peculiar" historia de Mori. O primeiro paso xa está dado, agora a todos e todas tócanos reflexionar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario