domingo, 23 de outubro de 2022

24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Comezamos esta semana coa celebración do día das Bibliotecas. BiblioTEcuida é o lema que en castelán se  escolleu a nivel nacional para este día. As bibliotecas galegas, mesmo as que deixan pegadas fondas nos barrios que ocupan coma  as de "proximidade" coma a nosa teñen no coidado o primeiro dos obxectivos. Procuramos o coidado emocional, invitando a viaxar e vivir na pel de moitos outros; o coidado do gusto pola lectura axudando a formar lectores cobizosos de máis e máis lecturas; o coidado da descoberta de moitas realidades socionaturais e as súa explicación; o coidado do bo ler, mellorando comprensión e habilidades; o coidado inclusivo, acollendo tódalas sensibilidades e temáticas; o coidado de compartir, coa escoita activa e agasallando lecturas...  coidados e agarimos porque a biblioteca é un acubillo para todos. Durante toda a semana imos desenvolver lecturas compartidas entre diferentes cursos de pequenos e maiores, imos mergullarnos en lecturas medoñentas e ao tempo tenras, lecturas con humor nas que os personaxes nos dan outros puntos de vista. Imos gozar dos contos canda os nosos amigos e amigas, os que levan tempo connosco e o que vimos de coñecer. Este e un dos mellores tesouros que agora podemos recuperar. 

Non vai ser  esta á unica proposta coa que celebramos o día. Obradoiros de escrita, propostas de vídeo, de formación de usuarios, propostas de traballo de Samaín e magosto, traballo stem, creatividade literaria e plástica, traballo documental, textos científicos...agárdannos á volta de cada recuncho da biblio. 



Lembra... A BIBLIOTECA CÓIDATE

Ningún comentario:

Publicar un comentario