domingo, 16 de outubro de 2022

3, 2, 1...IMOS DE CABEZA AOS FOGÓNS DO SAMAÍN!!!

 Benqueridas familias a primeira festa do curso xa está aquí!. Nestas vindeiras semanas as nosas lecturas poboranse de medos divertidos e personaxes fantásticos e arrepiantes. Decoración terrorífica, murais temáticos, expositores que ouvean coma lobos, baleirado de cabazas, lecturas medoñentas compartidas, disfraces, festa...son moitas as experiencias que nos agardan. 

A tradicional exposición de cabazas monstruosas volve en vivo e en directo despois dos tempos de pandemia co título de ARREPÍO NA COCIÑA!. Collede o coitelo, as pinturas e a cabaza e... a tallar e decorar unha fantástica cabaza cociñeira!!!

O tema deste curso no PDI é alimentación sostible para a nosa saúde e para o planeta. Peixes e cereais van se-lo centro do noso traballiño nas aulas. Daquela as nosas cabazas cociñeiras van se-las primeiras en ocuparse da nosa alimentación. Pero NON ESQUEZADES FACER QUE TREMAMOS DE MEDOOOO!! Velaí van as instrucións!












Participa tamén no noso obradoiro de cociña e arte "Metidos en fariña" cociñando en familia!. No cole imos darlle voltas ás chulas!



Ningún comentario:

Publicar un comentario