venres, 25 de marzo de 2022
xoves, 24 de marzo de 2022
SEMANA DA POESÍA
Estamos a celebrar dende o luns 21 de marzo, Día da Poesía, a tradicional Semana da Poesía. Antes da pandemia, as nosas paredes, escaleiras e calquera recunchiño dentro ou fóra do cole enchíanse de versos e poemas propios ou alleos. Agora son os muros virtuais os que nos serven para compartir poesía. Dende esta semana, e deica a fin do trimestre, as nosas aulas e este muro virtual van encherse de textos poéticos que podemos ler, copiar, ilustrar e mesmo crear.
Podedes coñecer o que estamos facendo nas distintas aulas axexando nesta xaneliña virtual; e se vos apetece, podedes tamén compartir os poemas que vos gustan ou que imaxinedes. Premede no cadradiño con frecha do recuncho superior dereito para ver o muro nunha xanela grande; ou no lápiz inferior, se queredes compartir algo poético.
mércores, 23 de marzo de 2022
INFANTIL 3 E 4 ANOS, 4.º DE PRIMARIA E O DÍA DA MULLER
Os nenos e nenas de 3 e 4 anos e de 4.º de primaria remataron xa o seu traballo sobre as mulleres invisibles, dándolle voltas ao lema Pómoslle un bigote?
As elixidas en 3 anos foron KAREN JOHNSON, JOCELYN BELL, MARIAM MIRZAHJANI e LISE MEITNER. Como podedes imaxinar, son as dúas primeiras, matemáticas relacionadas coa astronomía, as que máis lles gustaron. Os peques sacaron a súa parte artística e deixáronas moi feitiñas.
Despois, entre todos, pegaron a información e colorearon como puideron.
Os de 4 anos tamén elixiron a Karen ou Katherine Johnson. Non podían deixar de coñecer a persoa que axudou a trazar o camiño que tiña que seguir o Apolo XI para chegar ata a Lúa.
martes, 22 de marzo de 2022
21 DE MARZO. DÍA DA SINDROME DE DOWN
En infantil celebramos o Día da Síndrome de Down (que, dende hai anos, a proposta da ONU, coincide nesta xornada de inicio da primavera) uníndonos á iniciativa Calcetíns desemparellados, que pretende darlles visibilidade ás diferenzas. Todos somos diferentes e todos somos iguais: na diversidade está a inclusión. Nas nosas aulas, as diferenzas son o punto de partida dunha integración que se vive día a día en cada intre e lugar. Onte, os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos pintamos e preparamos os nosos calcetíns diferentes, un mundo de individualidades e de emocións.
mércores, 16 de marzo de 2022
PRIMEIRO PRESÉNTANOS AS SÚAS MULLERES INVISIBLES
Os nenos e nenas de primeiro informáronse de toda a problematica arredor das mulleres científicas que estivemos barallando na celebración do 8M e en grupos pescudaron os logros de catro destas mulleres: KAREN JOHNSON, HIPATIA DE ALEXANDRÍA, ROSALIND FRANKLIN e mais ADA LOVELACE.
Completaron a súa actividade xogando co dominó da igualdade.
domingo, 13 de marzo de 2022
MÁIS MULLERES INVISIBLES
Os nenos e nenas de 3.º e 5 anos tamén pescudaron nunha muller "invisible" das que traballamos no Día da Muller.
venres, 11 de marzo de 2022
VISITA DO HEMATOCRÍTICO Á NOSA ESCOLA
O Hematocrítico, autor do libro Vaia Cabuxiño!, editado por Edicións Xerais, visitou onte a nosa escola para se reunir cos nenos e nenas de 1.º e 2.º (que leron este libro como parte do Plan Lector deste curso).
Atentos ás explicacións, todos agardaron o intre máis esperado: a sinatura do autor en cadanseu exemplar. A ilustradora Mar Villar tiña prometida a visita, pero non puido vir. Esta foi a súa primeira vez neste tipo de xuntanzas que nos achegan os contos e a literatura dende outro punto de vista.
mércores, 9 de marzo de 2022
DÍA DA MULLER : 8 DE MARZO DE 2022
Este curso, mergullados como estamos na historia da ciencia (en especial da física e da matemática), celebramos este día cunha proposta de "visibilidade" cara a todas aquelas mulleres físicas e matemáticas que non foron recoñecidas no seu tempo. Mulleres que non tiñan cabida nas aulas e ás que lles puxeron mil e un atrancos (malia a súa valía). Mulleres que loitaron por investigar e manterse e que, en moitos casos, aínda seguen a ser invisibles nos libros de texto. Hoxe en día demos moitos pasos para adiante nesta loita da igualdade, pero aínda temos que seguir avanzando e pelexando porque non nos quiten o que xa acadamos.
A nosa proposta a tódalas aulas é unha invitación a coñecer algunhas desas científicas e a reflexionar sobre o pasado, o presente e o futuro da muller no eido da ciencia: Póñemoslle... un bigote?
Aquí tedes o primeiro traballo que chegou a este recunchiño, feito polos nenos e nenas de 2.º,