xoves, 30 de abril de 2020

PROPOSTA DE LECER TRADICIONAL EN FAMILIA

Maio é o mes galego. Mes dos maios, mes das letras. A nosa lingua vai centrar este mes tódalas propostas.
Velahí vai a primeira...

OS MAIOS DO CONFINAMENTO
Este ano algunhas prazas de Vigo non poden encherse cos tradicionais maios, nin podemos gozar da representación tradicional de cantos e bailes. Tampouco podemos viaxar aos lugares onde hai máis tradición, coma Redondela, Marín, Vilagarcía  ou Ourense, por poñer algúns exemplos.
Daquela, invitámosvos a confeccionar un pequeniño, facerlle unha foto e enviárnola. 

Un maio ten normalmente unha estrutura cónica feita con varas e bimbios e recuberta con fiuncho, hedra, outras herbas e adornada con flores, laranxas, limóns,  banderolas de papel, cáscaras de ovos,...
Que podemos facer nós? Segundo onde vivamos podemos facer:

- un maio vexetal 
-ou atrevernos a facer un con material reciclado. Neste caso, unha estrutura de cartón, unha botella ou un cono de papel serviranos. Podemos recubrila de papeis verdes, follas de cartulina e decorala con flores de papel e outros adornos que atopedes pola casa.

Animádevos!

Ademáis os maios van acompañados moitas veces de coplas cunha letra crítica ou burlona. Este ano temos un inimigo moi claro contra o cal poderíamos compoñer moitas estrofas. É unha posibilidade pero hai moitas outras. Podemos simplemente cantarlle ao mes de maio, no que xa un pouquiño imos poder sair das nosas casas.

Se alguén se anima adiante, os mouchiños estamos tamén dispostos a recibir audios, textos ou vídeos coas vosas coplas.

Deixamos un poema e unha canción no "fonte dos frades" para que vos serva de inspiración.

sábado, 25 de abril de 2020

JULIÁN GIOCONDA

Julián é dos que repiten as cousas divertidas. Xa participara na proposta organizada por infantil e agora volve facelo. A  profe Diana propuxera tamén que traballaran coa Gioconda como parte do seu proxecto sobre Italia.
O que fixo Ada xa o vimos. Esto é o que fixo Julián. 



RECIBIMOS OS PRIMEIROS CADROS DE ARTE E BIBLIOTECA

Respondendo á petición dos mouchiños, chégannos as primeiras obras de arte.
Ada de 1º de Primaria e Noa de 3º atrevéronse con dous cadros que se exhiben en París.
Ademáis da súa interpretación, agasállannos co "como se fixo", cousa tamén moi importante. Ada e Noa encargáronse de pintar os cadros que lles ían servir de fondo. O que faltaba despois era  vestirse e interpretar. E pasarono moi ben!.

A Mona Lisa de Leonardo Da Vinci, que se expón no Museo do Louvre, foi o que escolleu Ada.
Noa escolleu "A lectora" de Renoir, que se expón no Museo de Orsay. E posou co libro "Viaje al Reino de la fantasía"de Gerónimo Stilton. 
Participan nas dúas categorías que propuxemos. Agora que as vedes, e que xa vistes o ben que o pasaron en infantil, agardamos que vos animedes moitos de vós. Graciñas, Ada, Noa e a súa familia!.















MES DO LIBRO REUTILIZANDO

Reutilizamos lecturas ás que non podemos acceder no papel e falamos de reutilizar, algo que acae moi ben no traballo que estabamos a facer nos ultimos meses no cole. Algúns, os pequenos, están aproveitando moito material de refugallo para aprender unha morea de cousas. Agardamos que os maiores tamén o esteades facendo.
Escoitade este conto especial do noso escritor Ramón Trigo, que deixamos aqui co permiso do Museo Marco da nosa cidade.


venres, 24 de abril de 2020

LENDO CON ARTE

Temos unha proposta lúdica para estes días nos que seguimos confinados...Animádevos!. Pode ser divertido. Podedes participar na modalidade de cadros con libros ou en cadros libres.

NOVA APORTACIÓN : BANDA DESEÑADA

Alba de 6ºB fixo este cómic sobre o coronavirus. 



NOVA APORTACIÓN Á ANIMACIÓN LECTORA

Noa de 3º de Primaria e Ada de 1º, envíanos a súa interpretación de Rosa Caramelo.


xoves, 23 de abril de 2020

...PINGAS EN ACCIÓN

Ademáis das propostas xa feitas que sempre seguen en marcha temos unha nova iniciativa para completar o noso PDI...a lectura compartida do libro de Pigafetta, o cronista da Viaxe de Elcano.
Era algo que iamos facer na biblio, pero que agora podemos facer tamén na distancia. Mentres rematamos unha presentación con tódalas iniciativas vindeiras, deixamos aquí este flash.



COMPARTINDO...

PINGA 2, 3, 4, 5...

Video realizado polos nenos e nenas de 6ªB




OS CONTOS DE PRIMEIRO



O CONTO DA PROFE BEA



AS PROPOSTAS E CONTOS  FEITAS POLAS FAMILIAS

UN
DOUS
TRES
CATRO 
CINCO











FELIZ DÍA DO LIBRO....

Hoxe temos unha chea de propostas para completar o noso mes do libro, pero imos ir pinga a pinga.

PRIMEIRA PINGA


Hoxe ás 12 da mañá temos unha cita especial. A ver se somos quen de chegar a tempo


luns, 20 de abril de 2020

martes, 14 de abril de 2020

LECTURAS HORA DE LER PARA SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

Esta semana toca Lecturas inclusivas grazas á fundación ONCE. Pódese activar a reproducción para que nos lean o conto e facer algunha das actividades que trae, quen o desexe.

NACHO TENISTA

AITOR AVIADOR

ROSALÍA A ESPÍA

AMADO ACTOR

luns, 13 de abril de 2020

BIBLIOCASA: CONTO CONTADO

Respondendo á invitación dos mouchiños, sumamos unha nova aportación. Paula de 4º de Primaria e Ana de 3 anos comparten con todos a lectura deste curioso e estupendo conto circular...UN BECHO ESTRANO! 
Escoitádeo...


venres, 10 de abril de 2020

O CONTO PREFERIDO DE MARÍA

María, da aula de 4 anos, envía un debuxo do seu conto favorito Cenicienta. Gracias, María!.



xoves, 9 de abril de 2020

O CONTO PREFERIDO DE CAROLINA

Carolina, de 4º de Primaria, envíanos un debuxo do seu conto preferido.  Princesas como Rapunzel sempre lle poñen un pouco de emoción á vida. Gracias, Carolina!



INES E CLAUDIA. AS SÚAS LECTURAS

Chéganos hoxe a segunda aportación de suxerencias lectoras e contacontos. Que alegría que vos decidades a participar.
Claudia e Inés de  5º e 2º de Primaria amósannos as súas lecturas preferidas  e comentánnos ao libro
"Carla no es Carla, sino Carlos ", que a elas gustoulles moito. Fixérono fenomenal. Graciñas.!
Premede na imaxe para velas.






TAMEN PODEDES  VER      O VÍDEO AQUÍ

LECTURAS PARA O XOVES 9 DE ABRIL

                               HORA DE LER TAMÉN EN VACACIÓNS

INFANTIL
EU QUEDO NA CASA
https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/euquedonacasa_20pp


A PARTIR DE 8 ANOS
FRED QUINCALLA. O NÓMADE DO MAR
https://issuu.com/edicionsxeraisdegalicia/docs/fred_quincalla_o_nomade_do_mar

BANDA DESEÑADA. EDITORIAL AIRA
CARRIANDIOLA

mércores, 8 de abril de 2020

LECTURAS PARA O MERCORES 8 DE ABRIL

                        HORA DE LER....TAMÉN EN VACACIÓNS

DE 4 A 6 ANOS
O DRAGON COMEMEDO

A PARTIR DE 6
FELIZ FEROZ

A PARTIR DE 9
VAIA TROPA

MAIS DE 12
LILIPUT

                        Felices Lecturas 

martes, 7 de abril de 2020

LECTURAS PARA O MARTES 7 DE ABRIL

                                                     BIBLIOCASA
              HORA DE LER ...TAMÉN EN VACACIÓNS
                              Grazas á Baía Edicións

DE 4 A 6 ANOS

UNDIA DE TREBOADA

DE 7 A 9 ANOS
O TEMPO DO REVES

DE 9 A 11 ANOS
MOKO

MAIS DE 12
DIARIO DUNHA NOITEBOA


                       Felices lecturas

luns, 6 de abril de 2020

MÁIS POSIBILIDADES DE LECTURA


HORA  DE LER...TAMÉN EN VACACIÓNS.

Aínda que esteades de "vacacións" non hai que esquecer ler así que aquí van 3 propostas para o LUNS grazas a editorial BAÍA EDICIÓNS

PARA 4-6 ANOS

NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA     PABLO NOGUEIRA


PARA 7-8 ANOS

A CASA MÁIS ANIMADA DO MUNDO        CRISTINA SÁEZ CAZALLAS

PARA 9-10 ANOS

BOA SORTE   MARÍA SOLAR


PARA MÁIS DE 12

A HERDANZA DO MARQUÉS              CONCHI REGUEIRO


domingo, 5 de abril de 2020

PRIMEIRA COLABORACIÓN NO DÍA DO LIBRO INFANTIL

Adriana de 5º de Primaria envíanos ese estupendo vídeo onde nos conta cousas sobre as lecturas infantís e anima ao seu irmán a gozar dos libros dende pequeno. Grazas, Adriana! É un gusto contar sempre coa túa axuda.


xoves, 2 de abril de 2020

...E DÍA DO AUTISMO

E que mellor que celebrar este día con lecturas. Estas que nos comparten dende outras BES (bibliotecas escolares galegas)

LECTURA PARA A CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO



EL VIAJE DE MARÍA

DOBLE CELEBRACIÓN: 2 DE ABRIL, LIBRO INFANTIL...

Hoxe hai unha celebración doble. 
Por unha banda é o Día Internacional do libro infantil do que xa falamos. Os mouchiños queren recordarvos á petición que vos fixeron nunha entrada anterior. Estamos seguros de que alguén vai querer axudarnos a seguir coas lecturas dende a casa.!
Volvemos poñer a carta dos mouchiños por se vos animades a participar.!



ANDERSEN, O PARRULIÑO FEO

O parruliño feo era un dos clásicos programados  nas actividades da biblio intentanto suscitar pensamentos arredor da diferencia. O conto quedou alí nun expositor da biblioteca pendente de  acubillar unha actividade de reflexión...deixamos aquí agora esta versión animada que tamén pode dar pe un mundo de sensacións nestes momentos.





Deixamos tamén o
conto orixinal