Toca agora, que xa fomos facendo mais ou menos o relato das derradeiras pinceladas do noso proxecto, botar a ollada un pouquiño máis atrás no tempo e darvos conta dalgunhas cousiñas que encheron de contido o segundo trimestre. Imos aló...
Durante o segundo trimestre ao tempo que navegabamos no mar de Vigo o de Martín Códax e máis o de Xulio Verne, as nosas familias navegaron polas rúas da cidade á procura dos murais de tema mariño. Esto foi o que nos mandaron.
sábado, 30 de xuño de 2018
mércores, 27 de xuño de 2018
LEMBRANDO 7 SEMANAS EN VIGO...NA RECONQUISTA
No mes de marzo os mouchiños tamén mandaron ás familias a coñecer a nosa Reconquista. O 28 de marzo choveu abondo e a piques estivemos de quedar sen a festa. Solucionados os problemas enseguidiña empezaron a chegar traballiños que daban fe das idas e vidas pola cidade.
LEMBRANDO VIGO MISTERIOSO: A POESÍA
Como misión familiar de apoio á celebración do Día da Poesía no 22 de Marzo, os mouchiños mandaron ás familias á procura dos murais urbanos adicados a ela. Son moitos os pintores e pintoras que canda os seus murais teñen gravado frases especiais que invitan á reflexión. Os nosos investigadores atoparon moitas delas.
sábado, 23 de xuño de 2018
VIGO MISTERIOSO: AS FAMILIAS E A NATUREZA
A derradeira pista do proxecto "Vigo misterioso" falábanos dos elementos naturais. Iso era o que compría procurar nos murais que adornan a cidade. Xa rematando o curso foron menos as familias que participaron. Chegando este tempo, as cousas se complican nas familias e semella que non damos feito; aínda así unhas cantas incondicionais non quixeron faltar á última cita. Faltan dous murais por fotografiar, pero enseguidiña os incluimos.
7 SEMANAS VIAXA POR ÚLTIMA VEZ ...AOS MAIOS
Tamén rematou o outro proxecto dirixido ás familias, "7 semanas... " coa viaxes ós Maios. Esta é unha tradición que se está a recuperar e os horarios das actividades non favorecían a participación na actividade. Aínda así, e como sucedera en "Vigo Misterioso" unhas pouquiñas achegáronse a ver que se cociñaba alí.
OS REDEIROS E OS CABALOS PECHAN O PDI NAS AULAS
Os dous derradeiros cartofoles do proxecto chegaron ás aulas no mes de maio coa encarga de telos rematadiños a principios do mes de xuño; xa o tempo metía présa. E así foi, tódalas aulas chegaron puntuais á cita. E no noso mural da entrada xa locen tamén os traballos plásticos correspondentes. Desta vez tocoulle facer os redeiros os nenos de 3º e os cabalos os pequenos de 3 anos.
OS OLLOS DOS REDEIROS
O antigo edificio da Peineta serviu de base o noso traballo. A creación literaria tocoulle aos de 6º.
OS OLLOS DOS REDEIROS
O antigo edificio da Peineta serviu de base o noso traballo. A creación literaria tocoulle aos de 6º.
OS OLLOS DOS CABALOS
A muralla do monte do castro da acubillo os traballiñosdos cabalos. A creación literaria tocoulle os nenos e nenas de 4º A que fixeron un concurso e elixiron o relato que lles gustaba para o mural. Os outros relatos estiveron expostos na corcheira do corredor.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)