venres, 3 de novembro de 2017

VIGO E O MES DA CIENCIA EN GALEGO

Este mes de novembro temos   un fermoso alegato a favor da Ciencia escrito por unha muller matemática e viguesa, alegato que queremos compartir con todos vos. Non fan falta ás veces grandes explicacións, as cousas da Ciencia son tan sinxelas como a propia vida na que nos estamos a desenvolver.
Podedes lelo AQUÍ e tamén vos achegamos catro cousiñas sobre o seu traballo.
Os recursos para traballar a ciencia tédelos na pestana lateral.  Enseguidiña na biblioteca o expositor especial adicado a Ciencia en galego: bioloxía (monstros na natureza, animais de gran tamaño e tecnoloxía, artefactos e máquinas)

1 comentario:

  1. Bravo polas mulleres galegas na Ciencia! De seguro non ten que ser sinxelo destacar nun mundo -por desgraza- case exclusivo de homes... Bravo por Peregrina Quintela Estévez!

    ResponderEliminar