domingo, 12 de novembro de 2017

AS VIAXES DA CIENCIA EN GALEGO

O VIII Día da Ciencia en Galego está centrado nas viaxes científicas en galego.


Temos atopado na rede este documento que vos achegamos  do alumnado de 2º da ESO do CPI As revoltas. Eles  elaboraron un tríptico turístico sobre os 20 lugares que consideran máis atraentes para visitar en Galicia. Pretenden con el ligar o tema das viaxes con Domingo Fontán, autor da Carta xeográfica de Galicia, e relacionalo coa temática do turismo sostible, teima que seguimos nós tamén no PDI "Pola beira do Miño".Coma levamos dous anos traballando na nosa Galicia e nas nosas paixases, de seguro que recoñecemos algúns dos lugares que estes rapaces e rapazas escolleron.

Védelo AQUÍ

1 comentario:

  1. Boa recopilación!! Ainda que Galicia ten tantas e tantas e tantas cousas por ver e descubrir, que só con 20 lugares é imposible quedarse ;-)

    ResponderEliminar