domingo, 12 de novembro de 2017

QUE SABEMOS DE VIGO

Todo bo camiño na metodoloxía de aprender a pensar comeza por coñecer cal é o noso punto de partida. Apoiandonos nel é posible empezar a construir o coñecemento. As ideas previas que temos sobre algo non sempre son acertadas, pero é que dos nosos erros tamén se aprende. Nós comezamos este edificio ( o de coñecer a nosa cidade) dende os cimentos e despois de facer os faladoiros nas aulas deixamos  no noso mural o que sabemos ou cremos saber sobre Vigo. Ao final do camiño teremos de volver sobre esas ideas e facer balance do aprendido.




1 comentario:

  1. Nunca deixan de sorprendernos!! É incrible cales son as prioridades d@s nen@s nos seus pensamentos á hora de describir :-)

    ResponderEliminar