xoves, 3 de decembro de 2015

VISITA AO CENTRO DE VISITANTES ILLAS ATLÁNTICAS

Xa que no cole estamos inmersos nun proxecto sobre as bisbarras da nosa comunidade: “Galicia de faro a faro”, Os nenos e nenas de primeiro aproveitaron para coñecer un pouquiño mellor a flora e fauna das nosas illas facendo unha saída ao centro de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Ao chegar recibiunos Martiño, un corvo mariño moi simpático, que lles axudou neste percorrido ensinándolles algunhas características do relevo do parque Nacional (cantís, praias, bosque…) así coma dos fondos mariños onde se atopan  incribles tesouros naturais (morenas, polbos, estrelas de mar…). Por outra banda tamén presentoulles algúns dos seus amigos coma os chocos, as gaivotas, os ourizos…




Ningún comentario:

Publicar un comentario