xoves, 17 de decembro de 2015

COÑECENDO OS MARES. EXPER-I-CIENCIA

O 17 de decembro, os alumnos de 5º e 6º tiveron a grande sorte de compartir unha charla e varios experimentos con tres científicas do Departamento de Oceanografía do Instituto de Investigacións mariñas de Vigo, partindo de preguntas coma tal estas... se era igual o sal que usamos para cociñar que o da auga dos océanos?, que ocurría coa súa temperatura?, se era a mesma en Galicia que no Polo Norte?. Despois mediante sinxelos experimentos con auga de diferentes cores, explicaron os procesos que afectan á formación das correntes mariñas, dende escalas pequenas (como as rías galegas) ou a escalas planetarias (como os icebergs dende os polos). Aprenderon como estas correntes son fundamentais para a vida de moitos organismos mariños. Foi un obradoiro a mar de interesante!.


Ningún comentario:

Publicar un comentario