Dito e feito...pensamos deseños para as tarxetas, escribimos os nosos minirelatos e baixamos a colocalas na entrada do cole. Queriamos que estivese ben bonito para o o día que viñese o paxe a recoller as nosas cartas dos Reis Magos. O caso foi que, como viñamos de traballar no mural de Reilibro, en troques de compoñer coas tarxetas unha árbore de nadal saíunos...UN FARO!!
Quedou moi aqueladiño, ainda que estes fortes ventos varrérono da entrada do cole enseguidiña e agora as tarxetas están xa todas nas vosas casas.
Foi algún de vos o destinatario deste agasallo lector? Abofé que sí
Como non cabían todas no faro, os pequenos coas súas tarxetas encheron tódalas paredes que atoparon. En canto poidamos subiremos os minirelatos en galego e en inglés que compoñen estes particulares agasallos lectores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario