Durante esta semana que ven de rematar os maiores de primaria veñen de traballar nun mural no que quixeron destacar o traballo de 12 mulleres diferentes e de diferentes épocas; todas elas galegas e todas elas, como tantas outras anónimas, rompendo moldes e abrindo un camiño no que ainda nos queda moito por percorrer. Facelas visibles e invitar aos nenos e nenas que agora estamos educando a pensar no que cada unha delas ten achegado, axudaranos a continuar o seu "traballo".
domingo, 8 de marzo de 2015
domingo, 1 de marzo de 2015
XOVES CON ROSALÍA
Para rematar a semana na biblioteca continuamos a achegarnos á figura de Rosalía de Castro. Desta volta foi o libro "Rosalía", co apoio dos moitos materiais dixitais que se publicaron para a celebración, o que nos axudou a facer un percorrido pola vida e obra da primeira escritora e muller á quen se lle adicou o Día das Letras Galegas. Na proximidade do día da Muller traballadora éstes son datos que non convén esquecer...a nosa Rosalía foi ademais de defensora da nosa lingua, unha muller adiantada ó seu tempo. Velahí as fotos da sesión.
mércores, 25 de febreiro de 2015
ROSALÍA CANTADA POLOS NENOS DE 1ºA
O Día de Rosalía, martes 24 de febreiro, os nenos e nenas de 1ºA quixeron facer a súa particular homenaxe á Rosalía de Castro. Daquela presentáronse na biblioteca e recitaron un dos poemas da autora, un que ten moito que ver coa parte do noso proxecto documental na que estan a traballar... "Alborada".
Mágoa que non poidesemos gravar o sonido porque deu gusto escoitalos acompañados do son da pandeireta da profe Bea Ramilo.
O mércores os de infantil tamén quixeron escoitar aos compañeiros e cun público entregado os nenos e nenas de 1ºA repetiron o seu recitado e volveron facelo moi ben. Démoslles un grande aplauso.
O mércores os de infantil tamén quixeron escoitar aos compañeiros e cun público entregado os nenos e nenas de 1ºA repetiron o seu recitado e volveron facelo moi ben. Démoslles un grande aplauso.
DESPOIS DO ENTROIDO NOVO CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
CUERO NEGRO, VACA BLANCA é o título do conto que a volta das vacación de entroido tiñan preparado para nós Sheila e Lara de 5º e Primaria. Aquí temos as fotos
luns, 23 de febreiro de 2015
JOHNBOOK E ROSALÍA
O mouchiño de Febreiro, Johnbook, quixo agardar ata final de mes para comunicar a súa lumiidea do mes. E fíxoo para sumarse á celebración do Dia de Rosalía nas Bibliotecas escolares agasallando ós nenos e nenas cun pequeno libriño no que recompilou algúns dos poemas nos que Rosalía fala da luz. A luz como alegría -nas alboradas e nas noites de luar- e tamén como pena, na oscuridade das sombras que tanto pasean polos seus versos.
O libro chegará ás bibliotecas de aula mañá 24 de febreiro. Antes diso Johnbook comentounos o seu desexo de que nos esforcemos en recomendar aos compañeiros os libros que mais nos gustan. A ver se moitos lle fan caso e enchen o mural que temos preparado.

sábado, 21 de febreiro de 2015
24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Nas vésperas do Día de Rosalía de Castro- ainda non institucionalizado, moitas Bibliotecas Escolares celebran actos e traballan arredor desta muller e poeta galega. Nós a proposta en en coordinación co noso equipo de dinamización lingüística sumámonos a esta celebración estreando unha nova pestaña na parte superior do blogue con material específico para traballar arredor desta nosa poetisa. Pouco a pouco contarémosvos o que vaiamos facendo a partir do martes 24 con actividades dentro e fora da biblioteca que pretendemos alongar ata a celebración no mes de Marzo do Día da Poesía. Coido que para entón o noso lumimoucho do mes xa ten unha nova e poética proposta preparada.
luns, 16 de febreiro de 2015
ENTROIDO 2015. FESTA RACHADA E CREACIÓN LITERARIA
Dende a biblioteca e no marco do Plambe estamos na teima de abondar na creación literaria dos nosos nenos e nenas, promovendo a construcción de diferentes tipos de textos ao longo do curso. No entroido continuamos a traballar neste obxectivo coa confección das "Coplas" e "O Testamento" do noso meco Lucerín.
Este traballo creativo xa é unha tradición no cole, moi anterior ao desenvolvemento do Plambe e nona queremos perder. Unha vez mais vai vencellado a un proxecto global -"As viaxes da Luz"- que axuda a dar significado a todo o que traballamos.
Deixámosvos aquí todo o que foi o noso Entroido... a troula, a festa rachada -como ten que ser- e traballo educativo arredor da luz, reflectido tanto na creación literaria feita polos alumnos de 5º e 6º de Primaria como o traballo documental que se agocha detrás de cada disfrace.
Un ano mais conseguímolo...educámonos e disfrutamos e vos puidestes vernos...bueno, cáseque polos pelos! Como non se escoitaba nada polas malas condicións acústicas do patio (no que nos tivemos que resgardar do mal tempo) deixámosvos aqui o texto de toda a presentación do entroido.
FOTOS DA TROULA (XOGOS DE LUZ)
PRESENTACIÓN DO ENTROIDO 2015
FOTOS DO ENTROIDO

domingo, 15 de febreiro de 2015
OS SETE CABRITOS
Un xoves mais na hora do recreo xuntámonos -algúns coas trangalladas da troula ainda vestidas- para desfrutar dunha nova sesión de contos.
Os sete cabritos foi o conto elixido. Contárono Dunia e Lucía de 5º de Primaria. Estas son as fotos da sesión.
Os sete cabritos foi o conto elixido. Contárono Dunia e Lucía de 5º de Primaria. Estas son as fotos da sesión.
xoves, 12 de febreiro de 2015
LUCERÍN MANDA NO NOSO ENTROIDO.
Iniciouse un ano mais a Semana da Troula coa "entronización" do noso meco. Como este curso traballamos arredor da luz a cousa estaba cantada. Lucerín é a mascota elixida. E... quen é Lucerín? Un fermoso bebé- bombilla de baixo consumo que simboliza que a loita por conseguir un mundo mais sostible -tamén no eido da luz e a electricidade- ainda está en cueiros e que todos temos o deber de coidar esas pequenas iniciativas que vaian axudando a mellorar a calidade de vida no planeta.
O primeiro que fixo Lucerín foi deixar claros os mandados para esta semana e abofé que todos os nenos e nenas do cole cumpriron ben os seus desexos...en canto estean preparadas tódalas fotos verédelo.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)